As audiencias provinciais son tribunais ordinarios e colexiados que, no penal, coñecen en única instancia dos delitos cuxo sumario é instruido polo correspondente xuiz de instrución. No civil tamén teñen competencias, sobre todo de apelación.
As audiencias provinciais en España teñen a súa orixe na revolución de 1868 e na constitución do ano seguinte, momento no que se consagrou a necesidade de separar a xustiza civil da penal, e así se indicou na lei orgánica do poder xudicial de 1870. O real decreto do 14 de outubro de 1882 creou ás audiencias do criminal nos partidos xudiciais, e dez anos despois, o real decreto do 16 de xullo de 1892 reduciunas a unha por provincia, pasando a denominarse audiencias provinciais.
Xa no século XX, coa lei 122/1962, de 24 de decembro, introdúcense no orde penal os delitos sobre circulación e uso de vehículos. Outra norma importante para as audiencias foi a lei 10/1968, de 20 de xuño, sobre as súas atribucións en materia civil, tales como: coñecemento en recursos de apelación contra resolucións de tribunais municipais e comarcais, cuestións de competencia e acumulación de autos que se susciten, etc.
A lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do poder xudicial, reforzou as competencias das audiencias provinciais, que, entre outras, coñecerán en única instancia das causas por delito, dos recursos contra resolucións en materia penal dos xulgados de instrución da provincia, dos recursos interpostos ante resolución dos xulgados de vixiancia penitenciaria en materia de execución e penas, y dos recursos contra resolucións dos xulgados de menores.
A lei 38/1988 de 28 de decembro, de demarcación e pranta xudicial, ven a confirmar a posición das audiencias provincias como peldaño intermedio da xustiza ordinaria entre os xulgados de 1ª instancia e instrución e os tribunais superiores de xustiza de nova creación.
Historia archivística
A documentación producida pola Audiencia Provincial da Coruña nos dous períodos da súa vida, desde 1892 a 1989, e desde 1989 a 2002, chegou a través de transferencias dos anos: 1976, 1997, 2007 e 2009.
A primeira delas foi enviada pola Audiencia Territorial da Coruña, mentres que as tres restantes chegaron desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Alcance y contenido
Causa número 894/1937. Sección 2ª
Sumario número 84/1937. Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Ferrol