O mosteiro de Santa María de Carracedo en León, foi fundado polo rei Bermudo II cara ao ano 990 para procurarlles refuxio aos monxes frontes aos ataques dos musulmáns dirixidos por Almanzor. O monarca cedeu uns terreos para que os bieitos fundasen un mosteiro baixo a advocación de San Salvador. No ano 997 o cenobio foi destruído por Almanzor e abandonouse ata o século XII. Daquela, no ano 1138, a infanta-raíña Sancha Raimúndez, irmá de Afonso VII o Emperador, dispuxo a restauración do mosteiro con frades procedentes do cenobio de Santa María de Valverde. As longas estadías da infanta no mosteiro convertírono en pazo real. Obtivo numerosos privilexios e doazóns reais e chegou a exercer a xurisdición sobre varios mosteiros bieitos de León, Asturias, Galicia e Zamora. Cara ao ano 1203 pasou a depender da orde do Císter e mudou a súa advocación pola de Santa María. Abandonado e destruído trala Desamortización do século XIX, parte del foi restaurado.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia