A primeira nova do mosteiro de Santa María de Fiães data de 1203 cando aparece este cenobio co título de abadía. Antes debeu existir no mesmo lugar un mosteiro de freires bieitos baixo a advocación de San Cristovo, documentado xa desde o ano 851 e que tivo sona de ser o máis rico “das Hespanhas”. Este edificio primitivo sufríu un incendio e foi reconstruído no século XII, adoptando daquela a regra do Císter. As propiedades de Santa María de Fiães estendíanse por terras portuguesas e galegas, a ambas as dúas marxes do río Limia, con coutos en Galicia como os de Freixomo, Asparello, Requeixo ou Río Frío en Vigo. Fiães recibiu ao longo da súa historia numerosas doazóns de príncipes, infantes e fidalgos, tanto galegos como portugueses, que foron soterrados no mosteiro. O superior de Fiães tiña xurisdición episcopal metropolitana e levaba e presentación de 20 abadías. Os frades deste cenobio foron os encargados da construción e manutención dunha parte da muralla de Melgaço.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia