Santa María de Sar foi fundada polo cóengo compostelán Munio Afonso en 1136 e converteuse na comunidade agostiña máis destacada de Galicia. O edificio da colexiata consagrouno o arcebispo Xelmírez no ano 1140 trala aprobación rexia. A súa situación nas aforas da cidade e a súa relación coa catedral, fan de Santa María de Sar unha entidade con forte pegada xacobea. No ano 1149 participou na fundación do Hospital de San Lázaro e asumiu o seu control. Da súa relación coa catedral da proba o feito de que varios cóengos catedralicios se retirasen a Sar durante os séculos XII e XIII. Posteriormente, ao longo da Baixa Idade Media, recibiu o patrimonio de casas agostiñas que se ían extinguindo na diocese compostelá. Así aumenta as súas posesións coa incorporación de Santo Estevo de Anós, San Tomé de Nemeño e San Xoán da Cova e dos seus respectivos bens. No ano 1548 os cóengos agostiños foron substituídos por clero secular e xa na Idade Moderna Santa María de Sar convértese en colexiata. Tralo Concordato de 1851 pasa a ser parroquia da arquidiocese de Santiago de Compostela.
Historia archivística
Non consta a procedencia nin a data de ingreso deste fondo no arquivo.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia