Segundo a documentación conservada os membros da familia Vidal Díaz foron veciños da parroquia de San Román de Doniños dende finais do século XVIII. Foi unha familia de labregos propietarios dun certo patrimonio, que foron incrementado co paso do tempo por herdanzas e compras de novas propiedades. Cabe destacar que algúns dos membros da familia ocuparos algúns cargos veciñais no coto de Doniños.
Historia archivística
Documentación producida e acumulada de maneira orgánica polos diferentes membros da familia como resultado da súa actividade. O fondo foi doado ao Arquivo Municipal de Ferrol para a súa conservación, custodia e difusión por Gloria Vidal Louzao, como única herdeira da familia Vidal Díaz o 5 de setembro de 2023.
Alcance y contenido
A documentación foi producida e acumulada polos diferentes membros da familia de maneira orgánica, como resultado da súa actividade vinculada á posesión e explotación das súas terras. Contén principalmente a documentación relativa á xestión do patrimonio familiar: testamentos, partillas, escrituras de compras e vendas, pago das contribucións, etc. Ademáis conten tamén algúns documentos relativos ao desempeño de cargos veciñais.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia