Rosendo, bispo de Mondoñedo, doa ao mosteiro de San Vicenzo e San Xoán de Almerezo o lugar de Almerezo con todo o que posúe nel por herdanza do seu tío Gavinio.
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance y contenido
Según Carlos Sáez é copia, probablemente do primeiro tercio do século dez, atendendo á inclinación dereita dos crismóns e á escritura elongata da primeira liña.
Ten diversas anotacións no dorso: "De bragantinos", outra en letra gótica "Bregantinos. Sentencia Aximerezu", outra en letra do século XVI "Escriptura de Almereço que no se lee" e outra posterior "Escriptura compulsada a nº 13"
Condiciones de acceso
Lengua:
Latin
Escritura:
Visigoda cursiva
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Descripción del estado de conservación:
Presenta dificultades na lectura polas vellas manchas de humidade, perdas de soporte especialmente na marxe dereita e nalgunhas dobreces e desgaste en xeral do pergamiño, ademais de tinta esvaecida.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
Doa gando, obxectos domésticos e libros, confirma a liberdade dos seus servos e finalmente dispón o destino dos restantes bens trala súa morte.