A xurisdición de Esmelle conta cun alcalde e xustiza ordinaria que entende en primeira instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles. Seguindo co proceso reestruturador, o Decreto do 5 de marzo de 1820 suprime os xulgados ordinarios ou de primeira instancia do foro ordinario e conserva unicamente os de cabeza de partido. Desde o momento en que toman posesión os xuíces dos partidos, cesan os corrixidores, alcaldes, meiriños, xuíces e aqueles que viñan administrando xustiza en primeira instancia. De feito, o xuíz de primeira instancia de Ferrol cita os xuíces dos coutos e xurisdicións baixo o seu partido para que cesen nos seus oficios e ordena que os escribáns correspondentes entreguen a documentación.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Ferrol).
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
A documentación do xulgado de Esmelle chegara ao de Ferrol en varias remesas:
- A primeira que nos consta foi en maio de 1820, cando o escribán de número Fernando Rey y Pardo entrega ao xuíz de primeira instancia de Ferrol os papeis da extinta xurisdición de Esmelle, que soamente conservaba os expedientes inconclusos.
- Outra remesa entraría o 15 de setembro de 1834: o escribán de número de Ferrol, José Jorge de Ocampo, recibe os expedientes e as causas entregadas polo alcalde pedáneo de Esmelle. Cumpríanse así as disposicións do Real decreto do 21 de abril de 1834: que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que lles remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido todos os procesos e expedientes que tivesen abertos.
Alcance y contenido
Este fondo documental consta de cinco series documentais: Expedientes de partillas, Expedientes de ratificación de escrituras, Expedientes de reconto de bens, Expedientes de solicitude e Preitos. Esta última serie é a máis voluminosa.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de Galicia, Audiencia Territorial de Galicia, Real Intendencia de Galicia, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de Ferrol, Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado de Guerra e Mariña, Documentación notarial
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia