A Real Intendencia de Galicia foi creada por Real cédula do 2 de abril de 1712, e como as restantes intendencias establecidas en España durante o reinado de Felipe V, responde a un modelo de institución “comisarial”, é dicir, que está presidida por un funcionario que actúa en comisión de forma temporal baixo a dependencia directa do poder central, e máis concretamente, do poder de El-rei. Neste senso, responde a un modelo de administración “secretarial” fronte a outro “colexial” ou sinodal, imperante a primeiros do século XVIII, que os Borbóns trataron de impoñer a imitación da administración francesa, pero que xa contaba con antecedentes en España. Esta nova institución topou coa oposición das institucións tradicionais de Galicia, que xunto con outras circunstancias supuxeron a súa suspensión entre 1716 e 1718. A Real ordenanza de 1718 regulamentou o nomeamento dos intendentes e o seu ámbito xurisdicional. Pero o pleno desenvolvemento das súas funcións administrativas non se acadou ata a segunda metade do século XVIII, a raíz da publicación da Ordenanza de intendentes-corrixidores de 1749, que debe relacionarse con outras disposicións que no mesmo ano impoñen a recadación e administración directa das rendas por parte da Coroa e o establecemento da Única Contribución, imposto directo co que se pretendía racionalizar o sistema fiscal. As funcións dos intendentes eran moi amplas. Destacan as de carácter militar (ou facendístico-militar) e facendístico (recadación, control e administración de rendas), pero tamén as tiñan de xustiza e de fomento (da riqueza, das comunicacións…). Froito do espírito reformista, ilustrado e despótico do século XVIII, a oposición das institucións e forzas tradicionais (como o Consello de Castela ou a propia Audiencia de Galicia), mais o nacemento e desenvolvemento do Réxime Liberal significarán primeiro unha mingua das súas atribucións, que quedarán reducidas na práctica ás facendísticas; e despois, a súa definitiva desaparación en 1849, en que os novos gobernadores de Provincia, asumen, sequera nominalmente, as súas competencias. A nivel territorial, no caso ourensán, o Subdelegado de Rentas, baixo a dependencia xerárquica do Intendente, realizaba as mismas funcións que este na provincia, fundamentalmente de carácter facendístico.
Historia archivística
A documentación formaba parte do arquivo da Delegación do Ministerio de Economía e Facenda de Ourense e ingresou no arquivo o 9 de setembro de 1961.
Alcance y contenido
Contén: Libro persoal de leigos, libro persoal de eclesiásticos, libro real de leigos. Tomo I, libro real de leigos. Tomo II, libro real de eclesiásticos.
Esta freguesía comprendía os seguintes lugares: Alixo, Raxoá, Coedo, Millarouso, Santurxo.
Actual parroquia de San Martiño de Alixo, no concello do Barco de Valdeorras.
Na actualidade os lugares de Millarouso e Santurxo pertencen á parroquia da Concepción de Millarouso e Santurxo, e o de Coedo á parroquia de Santo Antonio de Coedo, todos no concello do Barco de Valdeorras.
Esta parroquia pertence a unha parte da xurisdición de Valdeorras, baixo o señorío do conde de Ribadavia.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Toda reprodución devengará o prezo público establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Nos fondos municipais de Ourense e Ribadavia, conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, atópanse libros correspondentes a cidade de Ourense e ao lugar e partido de Francelos que foron realizados de acordo coa Real Instrución do 15 de decembro de 1760. Tamen no Arquivo Histórico Nacional e no Arquivo de Simancas se conserva documentación realizada no proceso de elaboración do Catastro de Ensenada. Así mesmo, nos arquivos provinciais de Lugo e Pontevedra atopamos libros que atinxen á actual provincia de Ourense.
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Nos fondos municipais de Ourense e Ribadavia consérvanse copias notariais de varios libros. Así mesmo no Arquivo de Simancas conservase unha copia dos linterrogatorios, estes últimos están dixitalizados e pódense consultar na páxina web do portal de arquivos estatais (pares.mcu.es)
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Expediente de comprobación de bens, rendas e cargas da freguesía de San Martiño de Alixo (Valdeorras, Ourense), efectuado por decreto de decembro de 1760 para o establecemento da Única Contribución. Localización (Código de archivo): ES.47161.AGS Código/s de referencia/signaturas: DGR,1RE,1073,11 Expediente de comprobación do Catastro de Ensenada da freguesía de San Martiño de Alixo
Comparte interrogatorio coas parroquias de Santiago de Forcadela e Nogaledo, San Xoán de Éntoma e San Clemente de Arnado.
Véxase: Expediente do catastro de Ensenada da xurisdición de Valdeorras. Parte 3.
Os libros real de leigos e real de eclesiásticos foron realizados de novo en virtude dunha orde do 16 de marzo de 1753 pola que se corrixiron as operacións practicadas por agros.