Lugar de orixe: Noia? (segundo Eladio Oviedo ―vid. infra― apareceu vencellado a unha escritura de venda con esta orixe e puido formar parte do arquivo do mosteiro franciscano desa mesma cidade).
Orixe: Di OVIEDO ARCE: «Nuestro apógrafo galaico-castellano de Las Partidas, procede del rico fondo de impresos y manuscritos que guarda en su casa de Doroña, D. Rodrigo González, de Puentedeume, salvado de la bárbara incautación de bienes monasteriales. Lleva en su margen derecha, por el reverso, una signatura del siglo XVI que dice: “Escritura de venta... que fizo... Soarez, de la casa de Noya, con su posesión», e indica el oficio de forro de otros papeles, que, desde entonces, desempeñó nuestro pergamino. Otra: “A.L. 15, Nº 79”, del siglo XVIII, nos es bien conocida como usada en el archivo del convento de franciscanos de Noya. Una tercera signatura moderna: “Nº 4, Noya - Recontados”, nos es igualmente familiar, como señal de los burócratas de la incautación de papeles de los archivos monásticos» (OVIEDO ARCE, op. cit., p. 76).
Alcance y contenido
1. Fragmento dun códice das Sete Partidas do rei Afonso X «O Sabio» en galego. O folio contén as leis 48 a 53 do Título V da Partida Primeira.
2. Anotacións manuscritas e probas de escritura en letra cortesá e en humanística no verso do folio, nas marxes inferior e externa (véxase o apartado “orixe” en 2. Contexto).
Incipit: «Ley XLVIII. Commo el predicador pode a las uezes castigar / asperamente pero con mesura e non con uanagloria a los \que sermonaren».
Explicit: "«Et esto mostra a seus discípulos por dar- / lles a entender que non auia el dito por que deuessen los \phariseos... [=”reclamo” de fin do caderno]».
Condiciones de acceso
Lengua:
Galician
Escritura:
Gótica
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Estado de conservación:
Regular
Descripción del estado de conservación:
Regular. Humidades no extremo externo e rotura nesa mesma marxe, á altura do centro do pergameo, que afecta parcialmente ao texto. Marcas de dobrado á altura da liña 29 que dificultan a lectura e que impiden a identificación dalgunhas palabras no recto, mais a de toda a liña no verso. Anotacións marxinais en letra cortesá e probas de escritura nas marxes interna e inferior do verso. O inicio da primeira columna do verso está totalmente esvaecido, especialmente na parte esquerda (liñas 1-13) e, en xeral, esta columna lese con dificultade.
Organización da páxina:
- 2 columnas
- Número de liñas: 51
- Intercolumnio: 17 mm.
- Caixa:
Ancho: 75-80 mm.
Alto: 250 (aprox.)
- Marxes:
Sup.: 18-20 mm.
Inf.: 45-49 mm.
Externa: 19-30 mm.
Interna: 26-30 mm.
Nota al área de condiciones de acceso y utilización
Letra gótica libraria de tendencia caligráfica. Probablemente do século XIV pola súa verticalidade e a presenza de hastís e caídos cunha lonxitude reducida (“z” característica en forma de 3 que supera lixeiramente a liña de base da escrita). Afluencia relativamente frecuente de abreviaturas.
- Títulos de cada lei en tinta vermella.
- Maiúsculas decoradas con retoques en tinta vermella.
- Letras capitais, iniciais do contido de cada precepto, en tinta vermella e azul (corpo nunha cor e decoración na outra de xeito alterno). Con tres unidades de pauta de altura e cun ancho mínimo de 12 mm., sobresaíndo da caixa de escritura pola esquerda.
Caldeiróns en tinta azul e vermella alternativamente.