A creación da figura do Xefe Político remóntase á Constitución de Cádiz, que encomendaba o goberno das provincias a un Xefe Superior, posteriormente Xefe Político, nomeado polo Rei en cada unha delas. Por Decreto do 23 de xuño de 1813 aprobouse a "Instrución para o goberno económico-político das provincias", que contemplaba cales ían ser o réxime e as atribucións deses cargos: "... residen nel a superior autoridade dentro da provincia para coidar da tranquilidade pública, da boa orde, da seguridade das persoas e bens dos seus habitantes, da execución das leis e ordes do Goberno, e en xeral, de todo o que pertence á orde pública e á prosperidade da provincia". Todo isto cambia co Real decreto do 30 de novembro de 1833, que establece a nova distribución territorial en provincias, á fronte das cales sitúa os Subdelegados de Fomento. Posteriormente, por Real decreto de 1834, pasan a denominarse gobernadores civís, nome que perdurou salvo no intervalo de 1836 a 1849, en que se chamaron xefes políticos.
Historia archivística
Este fondo, xunto coa documentación das Xuntas e Deputacións de Galicia, foi doado ao Arquivo no ano 1897 polo seu director, Andrés Martínez Salazar, quen o atopara en 1875 nun "almacén de víveres" da rúa de Panadeiras da cidade da Coruña.
Alcance y contenido
Contén: carpetiña
Oficio do capitán xeneral de Galicia ao xefe superior político notificándolle a decisión do traslado dos presos que non teñan que estar presentes para a resolución da súa causa. 1813/08/28
Ofico do xefe superior político aos alcaldes constitucionais de Santiago con instrucións para o seu traslado. Copia. 1813/08/30
Ofico do xefe superior político rexente da Audiencia comunicándolle os alborotos e as providencias tomadas. Copia. 1813/08/30
Ofico do rexente da Audiencia ao Xefe político dando conta da recepción do anterior. 1813/08/31