Información sobre os bens que Lopo de Caamaño, escudeiro, morador na feligresía de Santa Mariña de Esteiro, ten nesa feligresía e na de Santiago de Tal, realizada en decembro de 1406.
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance y contenido
Traslado acta realizado por Xácome de Figueiras, notario, co mandato de Xoán García de Gomara, xuíz da audiencia do arcebispo de Santiago, a petición de Francisco de Vaamonde, clérigo. Inserta: 1.- 1406-12-18 / Santa Mariña de Esteiro (Muros, A Coruña) Declaración Información ou pesquisa realizada a petición de Lopo de Caamaño sobre os bens que posee na feligresía de Esteiro. [F. 2r. l. 16 - f. 5v. l. 5] Inserta: 1406-09-29 / Noia ( A Coruña) Carta de amoestación dada por Fernán Álvarez de Madrid, xuíz da audiencia do arcebispo don Lopo de Mendoza, para a averiguación dos bens que Lopo de Caamaño ten nas feligresías de Santa Mariña de Esteiro, Santiago de Tal, Santo Estevo e Santiago de Abelleira, San Xulián de Torea e Santiago de Arcos. [F. 2r. l. 16 - f. 3r. l. 24] 2.- 1406-12-20 / Santa Mariña de Esteiro (Muros) Declaración a tenor da carta 29 de setembro. [F. 5v. l. 5 - f. 7r.] 3.- 1406-12-18 / Santa Mariña de Esteiro (Muros) Declaración a tenor da carta de 29 de setembro. [F. 7v. l. 1 - f. 9 l. 11] 4.- 1406-12-22 / Tal, vila de. Delaración a tenor da carta de 29 de setembro. [F. 9 l. 11 - f. 30].
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Galego e castelán
Escritura:
Letra cortesá
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Contén bens do mosteiro de Santa Clara de Santiago de Compostela. Onomástica antiga: - Iohan Garçia de Gomara - Pero Afonso - Fernado Alvares de Madride - Jacome Yanes de Figueiras - Lopo de Caamanno Toponimia antiga: - Santa Maria d'Esteyro - Santiago de Tale Notario: - "Pero Afonso, notario" - "Jacome Yanes de Figueira, scribano de nuestro sennor el rey et su notario publico en la su corte et en todos los sus regnos e senorios et scribano otrosy del dicho excelentisimo sennor arçobispo, mi sennor, en la audiençia del dicho sennor provysor".