Carta de privilexio de Alfonso XI confirmando outras anteriores confirmatorias da dada por Alfonso IX de León en 1226 reafirmando en favor do mosteiro de Santa María de Sobrado a doazón do castelo do "Brozo" de Aranga co seu couto, coa condición de que o castelo non se reedificase, e outros privilexios.
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance y contenido
Inserta: 1505-11-07 / A Coruña. Traslado acta autorizado por Afonso Arias, tenente de correxedor da Coruña, ante Afonso García de Cedera, notario da mesma cidade, a petición do mosteiro de Santa María de Sobrado. 1415-05-18 / Ourense. Traslado acta autorizado por García Paz, xuiz da cidade de Ourense, ante o notario da mesma cidade Martín Afonso. 1345, 07, 22 / Santiago de Compostela. Privilexio de Alfonso XI de Castela confirmatorio de outro de Alfonso X de Castela. 1255-11-16 / Santo Domingo de Silos. Privilexio de Alfonso X confirmando outro de Alfonso IX de León. 1226-03-02 / Frexnun Vetelum? Privilexio de Alfonso IX de León confirmando a doazón ao Mosteiro de Sobrado do castelo e couto de Aranga.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Latín, castelán e galego
Escritura:
Letra de privilexios e letra cortesá
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Leva anotacións ao verso: Toponimia antiga: - Superado - Santa María de Sobrado Notarios: - Afonso Garcia de Cedera, scripvano e notario publico do numero da dita çibdade da Crunna e por el Rey et la Reyna nosos sennores et notario apostolico... (1505) - Martín Afonso, notario publico da dita çibdad d'Ourens por lo obispo e yglleia dese lugar... (1415).