Testemuño da sentenza arbirtral que deu Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago e oidor da Audiencia real, no preito que disputaron García Díaz de Mesía e Rui Sánchez de Moscoso sobre bens, dereitos, señoríos e presentación de igrexas
Como outros grupos familiares, a familia que dá nome a este fondo documental conformouse ao longo de varios séculos por agregación de diferentes ramas. Vinculada á vila de Noia e a apelidos de ascendencia rioxana coñecidos pola súa actividade empresarial (De Andrés, Moreno), poderiamos dicir que xa no século XIX a familia está plenamente integrada na sociedade compostelana. O exercicio de actividades profesionais, intelectuais ou políticas, a participación en empresas mercantís ou industriais e, como complemento, a adquisición e administración de rendas territoriales constituíron as dedicacións principais de moitos dos seus membros, entre os que destacamos a José de Andrés Moreno -administrador e albacea testamentario do marqués de Monroy-, Eduardo Vilariño Magdalena -catedrático de Dereito Natural desde 1898, avogado de notoriedade e político vinculado ao partido liberal- ou a Camilo Pintos Reino -nado en Santiago en 1867, profesor de anatomía e director de diversos balnearios, como os de Mondariz ou Arteixo.
Historia archivística
O fondo ingresou no Arquivo de Galicia en dous momentos diferentes. Recibiuse unha primeira remesa o 18 de novembro de 2009, que sería aceptada de forma oficial polo Decreto 120/2010, do 1 de xullo (DOG núm. 138, do 21 de xullo). O 7 de xaneiro de 2010 entrégase a segunda parte, que sería aceptada polo Decreto 64/2011, do 24 de marzo (DOG núm. 69, do 7 de abril).
Alcance y contenido
Por esta sentenza Lope de Mendoza outorga a Rui Sánchez o couto de Pazos e as fregresías de Pereira, Budiño, Senra, Cardama, Vermáns e Beán; e a García Díaz o Hospital da Graña e o couto de Buisaes; ordenando que partan á metade as fregresías de Ardemil, Leira e Poulo, en terra de Montaos.
Rui Martínez, notario público de Santiago.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
O acceso aos arquivos e rexistros administrativos é un dereito contemplado pola Constitución Española de 1978 (artigo 105, b). Este dereito, que ten as restricións establecidas na Constitución e nas leis, está regulado con carácter xeral pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común -no que afecta á documentación administrativa- e pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español -no que afecta á documentación histórica.
Estas restricións froito dunha busca do equilibrio con outros dereitos protexidos na constitución como os que afectan á seguridade, honor, intimidade da vida privada ou familiar ou imaxe das persoas, os segredos oficiais, ou a propiedade intelectual están reguladas por outras normas legais específicas.
O exercicio do dereito de acceso comprende a consulta dos documentos e da información neles contida e a obtención de copias e certificados. Poderán facerse as solicitudes directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet. Por razóns de conservación poderá restrinxirse a consulta de documentos orixinais
Normativa:
Aínda que se trata de documentos de carácter privado, ao estar depositada nun Arquivo de titularidade pública, adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto ( artigo 5).
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Dimensiones:
46 x 41 cm
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota al área de condiciones de acceso y utilización
Acompañábao unha carpetiña que indicaba :"pertenece a las particiones de don Manuel García Pan".