O Destacamento Penal das Minas de Casaio, foi unha dependencia penitenciaria que estivo operativa entre novembro de 1942 e principios de xullo de 1944 na que os reclusos - todos eles excombatentes republicanos na Guerra Civil- redimían as súas condeas traballando na extracción do Volframio, un mineral de gran importancia para a industria bélica.
A orixe deste destacamento debemos situalo a mediados de setembro de 1942, cando o Padroado Central para a Redención de Penas polo Traballo aproba a solicitude presentada pola empresa Montes de Galicia, S.A. para a concesión de presos con destino á mina de volframio que a mencionada empresa explotaba na Serra do Eixe, situada nun dos puntos máis orientais de Galicia. A cambio, a empresa comprometíase a satisfacer os seguros sociais obrigatorios e a ingresar os xornais equivalentes a obreiro libre nas contas do Padroado, á vez que se faría responsable da organización da vixilancia dos devanditos reclusos. Aínda así contaría con vixilancia estatal, destinándose seis funcionarios de prisións e un pequeno destacamento da Garda Civil -un cabo e seis números que chegou a elevarse a oito- que se encargarán da vixilancia dos reclusos e das instalacións.
A importancia da explotación do volframio durante a II Guerra Mundial tivo o seu reflexo neste destacamento, que alcanzou a súa máxima ocupación en abril de 1944, cun total de 356 traballadores. Con todo, desde agosto de 1943 obsérvanse bruscas fluctuacións que deben poñerse en relación cos progresivos decretos de liberdade condicional e coas dificultades que se atopaban para atopar presos capacitados para o traballo na mina. Neste destacamento, a diferenza do que ocorre noutros, non existe constancia da existencia de presos comúns redimiendo as súas penas.
O final deste destacamento vén marcado por varias fugas de presos que teñen lugar entre finais de xullo e principios de agosto de 1944. Isto motivará o peche deste establecemento, procedéndose ao traslado dos 179 penados que permanecían no centro á Prisión Provincial de Ourense desde onde serán transferidos a diferentes prisións nos meses sucesivos.
Historia archivística
O Destacamento Penal das Minas de Casaio debía contar cun arquivo propio que por mor do seu peche foi transferido ao arquivo da Prisión Provincial de Ourense. No ano 1987, a Prisión Provincial de Ourense trasládase ao novo edificio construído para tal efecto no municipio do Pereiro de Aguiar. A documentación histórica, entre a que se atopaba a de Casaio, quedou no vello presidio, en pleno centro da cidade, o que se comunica ao Arquivo Histórico Provincial para que proceda a súa recollida, efectuándose o traslado dos documentos entre os días 5 e 12 de xuño do devandito ano. No momento no que o AHPOu se fai cargo da documentación, esta atópase amontoada nunha das estancias do vello edificio con indicios de ter sido expurgada e rota a súa orde orixinal. Un ano máis tarde, o 30 de setembro de 1988, ingrésanse restos de fondos da antiga prisión provincial (fichas de reclusos, correspondencia, libros rexistro de entrada de paquetes, incidencias e altas e baixas da prisión) e fondos correspondentes aos cárceres de partido (correspondencia) que ainda se atopaban nas antigas dependencias da Prisión Provincial. Con posterioridade, por mor do ditame da Comisión Cualificadora de Documentos Administrativos do Ministerio do Interior, na súa reunión 2/2002, pola que se ditamina a conservación permanente da serie de expedientes persoais de reclusos, o Arquivo Histórico recibe a solicitude para realizar a transferencia dos expedientes persoais de internos recluídos entre 1930 e 1959 en diversas prisións da provincia, entre as que se atopaba a do Destacamento Penal das minas de Casaio, aínda que os problemas de espazo que neses momentos sofre o Arquivo Histórico Provincial impediron asumir a totalidade da transferencia, podendo só acoller unha parte da mesma. Así, o 3 de novembro de 2009 ingresaron por transferencia os expedientes persoais de reclusos correspondentes ás letras A- B; o 30 de setembro de 2011 ingresarían os expedientes correspondentes aos apelidos das letras B- J e en abril de 2022 ten lugar o ingreso do resto de expedientes que aínda se atopaban no arquivo do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
Alcance y contenido
O fondo documental do Destacamento das Minas de Casaio aínda que non é moi voluminoso si permite o estudo de todos os ámbitos de funcionamento desta dependencia penal. As distintas seccións do fondo permiten achegarse aos individuos que traballaron e cumpriron condenas neste presidio, para iso deberán consultarse os expedientes dos reclusos, os libros das visitas que estes reciben, os expedientes para solicitude de liberdade condicionada e mesmo as relación nominais do traballo realizado, así como os estados dos días traballados e redimidos polos presos. Por outra banda, tamén se poden estudar as súas condicións de vida a través dos libros rexistro de recoñecementos médicos. Tamén será posible achegarse ao labor e vida dos funcionarios a través dos libro de rexistro do servizo de funcionarios e os partes de relevo, diana e retreta, mentres que as actas de visita ao destacamento e a correspondencia proporcionarán información sobre o réxime interno. Por último, as series conservadas na sección de Administración -contas de aforro, libro rexistro do patrimonio, relación nominais de xornais e relacións nominais de reclusos que reciben socorros- permitirán reconstruír parte da xestión económica deste establecemento.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A difusión das imaxes dixitais deste fondo documental foi autorizada polo titular dos dereitos baixo a licenza: CC BY-NC-ND 4.0 Deed . Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional. Polo tanto,
Vostede é libre de:
• Compartir: copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato
Baixo as seguintes condicións:
• Recoñecemento: Debe recoñecer adecuadamente a autoría, proporcionar un enlace á licenza e indicar se se fixeron cambios.
• Non Comercial: Non pode utilizar o material para unha finalidade comercial.
• SenObraDerivada — Se remestura, transforma ou crea a partir do material, non pode difundir o material modificado.
• Non hai restricións adicionais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución está suxeta ao establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Limítase a reprodución daqueles documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Mecanografada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Buscador de represaliados de la Guerra Civil Española Buscador combatentes
Unidades de descripción relacionadas: Innovation and Human Rights: la base de datos centralizada de víctimas de la Guerra Civil y el franquismo Buscador vítimas da Guerra Civil e o franquismo