O Destacamento Penal de San Esteban de Sil, foi unha dependencia penal que estivo operativa apenas dous anos, entre mediados de 1951 e finais de 1953, na que os reclusos redimían as súas condenas traballando na construción do encoro de Santo Estevo, no canón do río Sil (concello de Nogueira de Ramuín), converténdose nunha das maiores obras da enxeñería hidráulica de Galicia. Este tipo de destacamentos encargábanse da realización de obras estatais ou contratadas por diferentes empresas e que adquirían a cualificación de "interese nacional", neles os reclusos traballarían nunha situación de semilibertade en contacto con obreiros libres.
A orixe deste destacamento debemos situalo a finais de 1951, cando a empresa de Dragados y Construcciones S.A. solicita autorización para o traslado do destacamento de penados que ten ao seu cargo, desde Celucos (Santander) a Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense), co fin de traballar nas obras de construción do encoro de Santo Estevo que deran comezo en 1945. Está solicitude obtivo o visto e prace por parte da Dirección Xeral da Garda Civil, quen o 28 de decembro de 1951 ordena ao xefe da 239 Comandancia de Ourense que tan pronto cheguen os reclusos á mencionada localidade, procedan a constituír un destacamento de forza, cos números que estime necesarios, para a custodia e vixilancia dos mesmos. O 16 de febreiro de 1852, o Padroado Central da nosa Señora da Mercé para a Redención das Penas polo Traballo comunica esta decisión ao director da Prisión Provincial de Ourense para que estableza contacto co xefe da mencionada Comandancia co fin de comezar a preparar o destacamento.
A partir dos meses de maio e xuño vanse incorporando presos de distintas procedencias, tanto doutras prisións galegas como do resto da península: da Prisión Provincial de Ourense, de Pontevedra, de Lugo, da Coruña, de Ávila, de Burgos, de Vitoria, de Zamora ou da Prisión Central do Dueso. Entre os reclusos destinados a este destacamento mesturábanse os condenados por penas de rebelión marxista, rebelión militar, deserción con aqueles outros acusados de delitos comúns.
Con todo, o número de reclusos non debía satisfacer á empresa concesionaria da construción do encoro, debido as constantes flutuacións orixinadas pola obtención da liberdade condicionada de moitos destes penados; en ocasións o seu número oscilou de 96 a 30 nun intervalo duns poucos meses. De feito, o 10 de xuño de 1952 solicítanse máis penados argumentando que os traballos se intensifican polo que se necesita máis xente, especificando que deben ser obreiros cualificados. Un ano máis tarde, o 22 de xuño de 1953, o responsable do penal, Alejandro López Otero, comunica que debido as condicións nas que se atopaba o destacamento neses momentos -escaseza de persoal, enfermos, accidentados, etc.- é moi probable que o empresa propoña o seu peche, polo que aconsella a conveniencia de aumentar a poboación reclusa ata os 100 penados. Finalmente, o 13 de decembro de 1953, os 82 penados do destacamento son trasladados á Prisión Provincial de Ourense, procedéndose nos días seguintes ao peche do mesmo.
O encoro inaugurarase en 1956, aínda que as obras finalizaron un ano máis tarde, en 1957.
Historia archivística
O Destacamento Penal de Ribas de Sil contaba cun arquivo propio formado pola documentación que o destacemento foi xerando como unidade administrativa e pola documentación que foi transferida doutras prisións xunto cos presos (os seus expedientes, follas de condución, follas disciplinarias, relación de prendas e relacións de utensilios, certificados médicos, libretas de aforros, fichas escolares). A raíz do peche do destacemento o seu arquivo foi transferido á Prisión Provincial de Ourense salvo a documentación daqueles presos que foron trasladados a outras prisións do sistema penitenciario. No ano 1987, a Prisión Provincial de Ourense trasládase ao novo edificio construído para tal efecto no municipio do Pereiro de Aguiar. A documentación histórica, entre a que se atopaba a do Destacamento Penal de San Esteban de Sil, quedou no vello presidio, en pleno centro da cidade, o que se comunica ao Arquivo Histórico Provincial para que proceda a súa recollida, efectuándose o traslado dos documentos entre os días 5 e 12 de xuño do devandito ano. No momento no que o AHPOu faise cargo da documentación, esta atópase amontoada nunha das estancias do vello edificio con indicios de ter sido expurgada e rota a súa orde orixinal. Un ano máis tarde, o 30 de setembro de 1988, ingrésanse restos de fondos da antiga prisión provincial (fichas de reclusos, correspondencia, libros rexistro de entrada de paquetes, incidencias e altas e baixas da prisión e fondos correspondentes aos cárceres de partido (correspondencia) que ainda se atopaban nas antigas dependencias da Prisión Provincial. Con posterioridade, por mor do ditame da Comisión Cualificadora de Documentos Administrativos do Ministerio do Interior, na súa reunión 2/2002, pola que se ditamina a conservación permanente da serie de expedientes persoais de reclusos, o Arquivo Histórico recibe a solicitude para realizar a transferencia dos expedientes persoais de internos recluídos entre 1930 e 1959 en diversas prisións da provincia, entre as que se atopaba este Destacamento, aínda que os problemas de espazo que neses momentos sofre o Arquivo Histórico Provincial impediron asumir a totalidade da transferencia, podendo só acoller unha parte da mesma. Así, o 3 de novembro de 2009 ingresaron por transferencia os expedientes persoais de reclusos correspondentes ás letras A- B; o 30 de setembro de 2011 ingresarían os expedientes correspondentes aos apelidos das letras B- J e en abril de 2022 ten lugar o ingreso do resto de expedientes que aínda se atopaban no arquivo do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
Alcance y contenido
Borrador
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A difusión das imaxes dixitais deste fondo documental foi autorizada polo titular dos dereitos baixo a licenza: CC BY-NC-ND 4.0 Deed . Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional. Polo tanto,
Vostede é libre de:
• Compartir: copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato
Baixo as seguintes condicións:
• Recoñecemento: Debe recoñecer adecuadamente a autoría, proporcionar un enlace á licenza e indicar se se fixeron cambios.
• Non Comercial: Non pode utilizar o material para unha finalidade comercial.
• SenObraDerivada — Se remestura, transforma ou crea a partir do material, non pode difundir o material modificado.
• Non hai restricións adicionais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución está suxeta ao establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Limítase a reprodución daqueles documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Buscador de represaliados de la Guerra Civil Española Buscador combatentes
Unidades de descripción relacionadas: Innovation and Human Rights: la base de datos centralizada de víctimas de la Guerra Civil y el franquismo Buscador vítimas da Guerra Civil e o franquismo
É preciso sinalar que este fondo está en fase de organización.
Nota al área de identificación
As datas finais de acumulación veñen dadas por dúas series: contas de aforro e libro rexistro de saí-da de correspondencia oficial que seguiron anotando rexistros ata uns días despois de que os reclu-sos foran trasladados á Prisión Provincial, pechándose ambos en xaneiro de 1954.
Nota al área de contenido y estructura
Hai indicios de que a documentación sufriu un expurgo selectivo antes de ser abandonada no vello edificio da Prisión Provincial.