A orixe dos expedientes de licenzas de apertura de industrias remóntase ao século XIX. O Decreto das Cortes de Cádiz do 8 de xuño de 1813 permitía a todos os españois establecer libremente fábricas sen necesidade de permiso nin licenza, con tal de que se respectasen as regras de policía adoptadas para a salubridade. A Real Orde do 20 de febreiro de 1824 sinalaba a necesidade de someter a licenza a apertura de establecementos dedicados a fondas, cafés e similares, como tamén á venda ambulante. Un precedente dos actuais expedientes de licenzas de apertura é o Real Decreto do 18 de abril de 1860 polo que se aprobaron as Ordenanzas de Farmacia, nas que se establece o deber de solicitar unha instancia ao alcalde do pobo, acompañada do título de farmacéutico, dun plano ou esbozo dos locais e un catálogo dos medicamentos, instrumentos e aparellos do establecemento. A Real Orde do 8 de xaneiro de 1884 mandaba ás autoridades provinciais e locais tramitar sen dilación os expedientes. Só poderían prohibir as instalacións que supuxesen un prexuízo para a saúde pública ou perigo de incendio. Os propietarios debían estar rexistrados na matrícula do imposto e ao corrente do pago da cota anual correspondente. Cara a finais do século XIX as ordenanzas municipais de policía urbana e sanidade regularon o control dos establecementos públicos.Por cuestións relacionadas coa seguridade dos veciños e a orde pública, a apertura de novas industrias, comercios e fábricas necesitaban da autorización do concello. Os expedientes adoitaban estar compostos pola solicitude, acompañada da memoria e planos, informes técnicos, o acordo de resolución e a notificación. Así mesmo, continuaba habendo procedementos máis complexos como no caso das farmacias e fábricas de explosivos. O Regulamento de obras, servizos e bens municipal do 14 de xullo de 1924 dedicará os artigos comprendidos entre o 62 e 64 a regular as actividades industriais. Neles lémbrase que as ordenanzas municipais contemplarán a localización das industrias consideradas como perigosas, insalubres ou incómodas lonxe das zonas ocupadas por vivendas. Como desenvolvemento do devandito Regulamento aprobouse por Real Orde do 17 de novembro de 1925 o Regulamento de establecementos clasificados como incómodos, insalubres e perigosos. Este Regulamento mantívose en vigor, sen apenas variacións, ata o ano 1962. O Decreto do 17 de maio de 1952, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, concede ao alcalde a concesión de licenzas de apertura de establecementos de calquera índole. Desde a aprobación do Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas do 30 de novembro de 1961 os expedientes de apertura de actividades clasificadas teñen a seguinte estrutura: instancia de solicitude dirixida ao alcalde acompañada de tres exemplares do proxecto e dunha memoria.
Unha vez entregados estes documentos abríase un prazo de dez días para alegacións dos afectados pola actividade. O Xefe local de Sanidade e os técnicos municipais competentes emitirían un informe incorporando as reclamacións e observacións presentadas. O informe sería enviado á Comisión Provincial de Servizos Técnicos para a súa cualificación. Se o informe era negativo tiña carácter vinculante e o concello non podía conceder a licenza. Se era positivo aínda quedaba supeditada ao cumprimento das correccións indicadas polos técnicos municipais. Unha vez concedida non se podía empezar a exercer a actividade ata a visita de comprobación dun técnico municipal. Unha Orde do 15 de marzo de 1963 obrigou aos concellos capital de provincia e con máis de 50.000 habitantes a elaborar unha ordenanza especial que contemplase todos os aspectos do Regulamento de 1961, establecendo que requiría licenza municipal a instalación, apertura e funcionamento de calquera actividade.
Historia archivística
Entre 1900 e 1930 os expedientes aparecen ordenados cronolóxicamente. En 1931 e 1932 hai expedientes ordenados por números correlativos e outros por número de rexistro.Dende esa data, ordénanse por ano e número currens.
Nos anos 40 dese século os expedientes comenzan a foliarse.
A partir de 1970 a lexislación esixe que o plano do local sexa asinado por técnico ou auxiliar técnico competente.
Dende 1975 os expedientes teñen unha doble numeración: currens e nº de rexistro de entrada no Rexistro xeral. Pero dende o nº 257 os expedientes só conservan o do Rexistro xeral de entrada pasando a unha secuencia de millar e sin ser currens.
Os números 4694/1975, 4695/1975 e 4899/1975 están repetidos e acompáñanse doutra secuencia de numeración dada polo negociado da Inspección de Rendas e Exacciones.
Alcance y contenido
Trátase básicamente de licenzas de aperturas de bodegóns, venta de comestibles, panadarías, venta ao por menor de peixe, carnizarías,etc... ; de industrias relacionadas especialmente coa alimentación (fábricas de pasta, de conservas, de caramelos, de chocolates, etc..), así como de almacéns, pequenos talleres e comercios (de tecidos, farmacias, perruquerías, calzado, etc...) Expedientes ordenados por números correlativos.[Faltan números: 101, 107, 109-110, 112-113, 115, 118, 150, 173, 183, 189. Número duplicado: 161] Contén:
Nº 104. Oficina (Máquinas de coser SINGER). R/san Andrés, Nº 132
Nº 106. Residencia de inverno (Sociedad deportiva Club del Mar san Amaro). R/ san José (edificio cine Hércules).
Nº 111. Colexio. R/Paz, Nº 28
Nº 132. Fábrica de achicoria (Castaño y Monteagudo, S.L.). R/Emilia Pardo Bazán, Nº 4. Contén: 1 croquis
Nº 140. Fábrica de corcho (La Galaica). Castelo de san Diego (Os Castros)
Nº 156. Fábrica de cepillos. R/Arenal, Nº 38
Nº 161. Clínica cirúrxica (Santiago Apóstol), R/santa Lucía, Nº 2
Nº 192. Almacén de peles secas. R/Matadeiro, Nº 56
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900.
Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeito ás taxas e prezos públicos que para a reprodución de documentos fixe o Concello. (Ordenanza reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal).
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Os croquis que conteñen a maior parte dos expedientes ata a década dos 50 do século XX levan selos e pólizas. Algúns deles pola acción das colas están pegados ao documento anterior.
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales:
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Fondo Concello de Coruña1.02.01. Libros de resolucións da alcaldía3.01.04. Expedientes de licenzas de obras maiores e menores3.01.05. Matrices de licenzas de apertura de establecementos3.01.05.Rotulos, palomillas, vitrinas, toldos3.06.01.Libros de actas da Comisión Municipal de Sanidade4.03.02. Expedientes de tributación4.03.02. Matrículas