O documento fundacional da Universidade de Santiago de Compostela é do ano 1495 no que frei Xoán de Melgar, abade de San Martiño Pinario e o notario de número e concello compostelán Lopo Gómez de Marzoa chegan a un acordo para fundar un Colexio nunha parte do mosteiro de San Paio de Antealtares. Ao parecer este funcionamento chegou ata o ano 1499 en que por motivo da anexión do convento de San Paio a San Martiño Pinario e a transformación do primeiro no gran mosteiro que albergaría aos diferentes mosteiros femininos. Xa, no ano 1501, fundase o Estudo Xeral no que participan o citado Lopo Gómez de Marzoa e Diego de Muros II, bispo de Canarias e Diego de Muros III, deán de Santiago. Será a bula de Julio II do ano 1504 a que confirme este Estudo, pero será con Alonso de Fonseca III con quen culmine o proceso de consolidación universitaria en Santiago. A Bula de Clemente VII de 1526 dará o referendo pontificio ao Colexio de Fonseca
Historia archivística
Despois de ocupar diversas instalacións ao longo da súa existencia, dende a arca orixinal ata as precarias instalacións na actual facultade de Xeografia e Historia, dende 1990 o AHUS ocupa un inmoble propio situado na zona histórica da cidade onde se custodia este fondo documental.
Alcance y contenido
O fondo universitario recolle toda a documentación acumulada pola Universidade de Santiago de Compostela ao longo de toda a súa historia, dende o século XIII ata o século XXI. Esta documentación mantivo durante anos a clasificación feita nos anos 60 polo arquiveiro Salvador Parga Pondal, que baixo a denominación Serie Histórica agrupaba :
- libros de arquivo (claustros, visitas, matrículas),
- atados de documentos das series mais diversas da propia universidade desde as súas orixes nos colexios de Fonseca e San Xerome e
- pergameos da serie Bens con cronoloxía previa ao nacemento da Universidade.
Co paso do tempo esta clasificación foi modificada e a documentación pasou a formar parte das súas respectivas seccións e series naturais. En calquera caso, esta organización histórica pervive na actual, xa que a denominada Serie histórica séguese empregando para denominar a documentación mais antiga do fondo universitario.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre salvo que a lexislación vixente ou o estado de conservación determine a imposibilidade da súa consulta.