María del Carmen Quintero Corredoira, coñecida artísticamente como Mary Quintero, naceu en Melide (A Coruña) en 1931. Iniciouse no campo da fotografía da man dos seus pais, fotógrafos de profesión, que a enviaron a Madrid para completar a súa formación na composición, na luz e na cor, perfeccionando a técnica do retoque e a pintura con cores transparentes.
No 1947 convértese na primeira fotógrafa en asinar unha exposición en Galicia, realizando outras máis onde amosará retratos de familias e mulleres da alta sociedade de Lugo e Vigo. É nesta cidade onde estableceu o seu estudio reflectindo, coas súas fotografías, a sociedade viguesa e galega do seu tempo.
Na década dos anos setenta sitúase na vangarda do uso de novas tecnoloxías como o proxector de fondos e o retoque fotográfico.
Nos anos 80 fotografou a persoeiros/as da vida política, cultural e social de Galicia, conseguindo transmitir, a través da súa obra, o sentir de varias xeracións, reflectindo, a súa personalidade, estilo e procedencia, é dicir, a realidade da sociedade na que desenvolve o seu traballo.
Durante anos foi a única muller relatora da industria fotográfica en numerosos congresos e seminarios en España, Europa, Rusia e América do Sur. Recibiu gran cantidade de galardóns e destacou, durante máis de 60 anos de profesión, pola súa producción artística, a súa profesionalidade e o seu estilo, traballando non só na fotografía analóxica (en branco e negro e en cor) senón tamén na dixital.
Historia archivística
O fondo estivo custodiado no estudio de Mary Quintero para desenvolver a súa profesión ata o ano 2016. Dende ese ano ata o 2022, estivo depositado na Casa das Artes do Concello de Vigo. Nese último ano ingresa en réxime de comodato no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Alcance y contenido
Fotografía de estudio. Imaxe en cor. Plano medio curto do politico Manuel Fraga. Vista frontal. Leva traxe e gravata. Apoia as mans nunha mesa suxeitando as lentes. Fondo escuro.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre, agás as restricións estipuladas na Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Limítase a reprodución dos documentos que se atopan en mal estado de conservación.