Mencionados na Constitución de 1812, creados en 1835 polo Regulamento da Administración de Xustiza, son tribunais unipersonais que coñecen en primeira instancia en asuntos civís e criminais e en segunda instancia dos xuízos de faltas; tiñan como sede os concellos que foran cabeza de partido xudicial. Tras varios decretos de ampliación e supresión, a Lei Adicional á Orgánica do Poder Xudicial de 1882 restableceu os Xulgados de 1ª Instancia con funcións tamén de instrución en materia penal. A Lei 42 /1974 de Bases Orgánicas da Xustiza, designa ós Xulgados de 1ª Instancia e Instrución como Xulgados de Partido, con competencias, en materia civil en primeira instancia en todos os procesos civís, e en segunda instancia nos procesos civís tramitados en primeira polos Xulgados de Distrito ( anteriormente Municipais ou Comarcais); e en materia penal correspóndelles a instrución dos procesos por delitos graves e infraccións de maior contía, e a segunda instancia nas apelacións de sentenzas ditadas polos Xulgados de Distrito. Os xuíces desenvolverán tamén actividades en materia gobernativa e inspectora dentro do territorio da súa xurisdición.
Historia archivística
Os expedientes foron transferidos polo xulgado no ano 2004
O 16 de outubro de 2025 foi transferido o expediente civil de declaración de herdeiros de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (nº 46/1972), tras ser atopado por un funcionario do xulgado durante o proceso de reordenación de fondos no órgano xudicial.
Alcance y contenido
Contén:
-Solicitude de Josefina e Joaquina, irmás de Castelao, para ser declaradas herdeiras únicas e universais ab intestato do seu irmán. (1972-febreiro-25).
-Providencia do xulgado pola que se admite a trámite o expediente e se sinala data para a información testifical. (1972-marzo-27).
-Declaracións das testemuñas José Lino Sánchez, Felipe Cons Rodríguez e Ernesto Baltar Santaló nas que confirman que as irmás de Castelao son as súas únicas herdeiras. (1972-abril-6).
-Providencia do xulgado pola que remite ao fiscal a información testifical. (1972-abril-6). (O documento contén unha nota do fiscal na que non se opón a declaración das solicitantes como herdeiras. 1972-abril-15).
-Auto do xulgado polo que se declara as irmás de Castelao como herdeiras únicas e universais ab intestato do seu irmán. (1972-abril-18).
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.