O mosteiro de Santa María de Oseira afora a Fernán Vidal e á súa muller María Fernández, veciños de Cedeira, a metade do lugar de Denoeiro e do Pedregal
Fecha de creación
1505-07-29 / 1505-07-29. 1505, xullo, 29. Mosteiro de Santa María de Oseira
Fecha de acumulación
1505-07-29 / 1505-07-29. 1505, xullo, 29. Mosteiro de Santa María de Oseira
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance y contenido
Anotación na marxe inferior esquerda do documento que indica que o día seis de xuño de 1548 se presentou Pedro Pardo de Lago ante o abade de Santa María de Oseira e foi recoñecido como última voz dese foro.