No verso, varias referencias: Número 155; nº 53 (e ao seu lado o nº 2478 riscado);10 del 1º; 118 (corrixido, marcando a nº 155 por riba)
Título
Álvaro de Compostela, ouvenzal da granxa de Brión e procurador do mosteiro de Santa María de Sobrado, afora a Roi González, morador en Serantes, unha leira de herdade cun bacelar en Santa María de Brión
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.