Escritor e arqueólogo. Nace Eladio Oviedo y Arce en Noia en 1864 e morre na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1918. Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía y Letras e profesor de Historia Eclesiástica e Arqueoloxía no Seminario Conciliar Central de Santiago e finalmente director do Arquivo do Reino de Galicia. Foi o iniciador e principal elemento da "Exposición Arqueológica Gallega" celebrada en Santiago en 1909. Socio numerario e fundador da RAG.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance y contenido
Plano curto dunha fonte de pedra que según a inscrición no reverso, pertencía ás Torres de Altamira (Brión, A Coruña), situadas debaixo dunha videira. Aos lados, trades que suxeitan o emparrado. Á súa dereita, home non identificado, sentado nuns chanzos de pedra situados nun primeiro plano. Vestido cun traxe de chaqueta, con chaleque e unha gorra, apoia a man esquerda sobre o xeonllo do mesmo lado, e na dereita sostén un obxecto non identificado. Ao fondo, un alboio cuberto con tella romana.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descripción del estado de conservación:
Algo esvaída.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: S-7-47
Notas
Nota general
Contido: en xaneiro de 2011 retírase do fondo e pasa á Colección de manuscritos e orixinais, un debuxo do escudo de Galicia de Enrique e Francisco Santos Gayoso, doado polos autores á RAG na década de 1980. O documento estivo na exposición do centenario da RAG e aparece reproducido no catálogo da exposición: Galicia, a forza da palabra, A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 2006, p. 111.