Antonio Eulate y Fery, mariño. Nace en Ferrol o 5 de xuño de 1845 e morre en Barcelona, aos 86 anos, o 20 de febreiro de 1932.
Garda mariña aos quince anos, edade na que recibe a súa primeira condecoración. Álferez de Navío en 1865 e Teniente de Navío en febreiro de 1870, Capitán de Fragata en 1887 e en 1896 Capitán de Navío, continuando no escalafón até Vice-Almirante da Armada.
Participou nos anos 1961-1962 na división naval comandada polo xeneral Prim a México.
Nos anos 1963-1964 navegou por augas de Joló (Filipinas), onde combateu os piratas.
Realizou varios cruceiros nas augas de Cuba para perseguir o contrabando de armas, misión na que apresou en 1869 a goleta inglesa Mary Lowe.
En 1872 contribúe a apagar a sublevación do arsenal ferrolán, polo que é condecorado por Amadeo I. Actúa tamén en 1873, cando se declara a República, contra a insurrección do arsenal de Carraca en Cádiz e contra as tropas carlistas no Cantábrico.
Terminada a guerra e nomeado Comandante de Marina do porto de Aguadilla, no distrito de Mayágüez (Porto Rico).
Regresa a España e acompaña a Alfonso XII e a raíña María Cristina nunha viaxe pola costa española.
Volve a América e participa no sitio de Cartagena de Indias, no desembarco da Guayra, e na defensa da costa cubana.
En 1897 é nomeado comandante do cruceiro Vizcaya polo que volta a España para tomar o mando do buque.
A comezos de 1898 participa no conflicto do Maine, primeiro en Nova York, logo na Habana e máis tarde reúnese en Cabo Verde, coa escuadra mandada polo almirante Cervera, para tomar parte no combate de Santiago de Cuba fronte aos norteamericanos en xullo de 1898.
De regreso a España asume o mando da provincia marítima de Cádiz e a capitanía do porto, sendo posteriormente nomeado Xefe do Estado Maior dos departamentos de Cartaxena e Cádiz, comandante de Mariña de Sevilla, Gobernador Civil de Canarias.
En 1911 pasa á reserva, aínda que o goberno segue encargándolle misións como a visita a Amsterdam co motivo da exposición Naval de 1913.
En 1916 é nomeado Xerente Naval da Compañía Transmediterranea orgaizando os servizos e o persoal. Abandoa esta dirección naval no ano 1921.
En 1917 durante a folga de Barcelona vai como primer oficial no barco que transporta o correo e a fariña.
Colaborou en varias publicacións, principalmente no Boletín de la Real Sociedad Geográfica de Madrid.
Ao longo da súa vida navegou en 71 navíos e comandou 5: Fernando el Católico, Puigcerdá, Jorge Juan, Vizcaya, Numancia.
Casado en 1870 con Julia Fernández Sanjurjo Vidal tivo dúas fillas, Carmen e María.
Historia archivística
A documentación chega á RAG grazas a diferentes doazóns do propio Eulate e da súa filla Carmela Eulate Sanjurjo. Xunto aos documentos, a familia doa tamén diversos obxectos pertencentes a Eulate, que foron gardados no museo da RAG. Se ben, de parte da documentación descoñécese a procedencia e a data na que chega á RAG.
Por motivos de conservación gárdanse á parte da documentación textual, as fotografías e os folletos.
Alcance y contenido
Plano longo de catro mulleres de pé, vestidas á moda urbana, diante dunha casa modernista en construción. De esquerda a dereita, a primeira leva un vestido longo con chapeu de fondo, un enorme manguito de flocos e un bolso metálico colgado do ombro cunha cadea. A seguinte, probablemente Julia Fernandez Sanjurjo, leva un abrigo moi longo escuro, cun chapeu ao estilo dos cosacos e unha longa cadea ao pescozo. A terceira, cun vestido escuro e un abrigo curto da mesma cor, leva o bolso suxeito diante das pernas e unha pamela escura con plumas. A última leva un abrigo de cor clara, cun manguito escuro e unha estola de pel escura. Na cabeza un chapeu coa parte superior escura. Detrás delas un muro con enreixado modernista sepáraas dunha casa de tixolo con torreóns e un balcón na dereita en contrución,.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: S-11-32
Notas
Nota general
Apareceu nun sobre coa inscrición "Victoria", ver no fondo.