Ezequiel Abente Lago naceu en Muxía. Fillo de Leandro Abente Chans, médico da localidade e de Manuela Lago Díaz.
Despois de estudar Medicina na Universidade de Santiago ingresou como axudante médico no exército, chegando ser xeneral e director do antigo Hospital Militar da Coruña ,o que, en 1996, foi bautizado có seu nome como recoñecemento a súa laboura durante a repatriación dos soldados de Cuba, tras perder a guerra de 1898 cós Estados Unidos de América . Foi un laureado militar polo seu traballo tanto en tempos de guerra como de paz.
Casou en primeiras nupcias con Rafaela Escobar, nacendo desta relación os seus fillos Flora, Elena e Leopoldo Abente Escobar. Máis tarde, contraeu matrimonio con Cristina García de la Torre.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance y contenido
Plano curto de grupo familiar sentado detrás dunha mesiña nunha sala inzada de obxectos decorativos. No primeiro plano á dereita unha mesa sobre a que hai unha lámpada. No chan unha pranta nunha maceta. Á esquerda unha mesa supletoria sobre a que hai figuriñas. Detrás sentadas tres mulleres vestidas de escuro. Detrás delas, dous mozos de pé, vestidos de traxe. Un deles á esquerda sostén un papel na man, no que fixa a súa atención. No fondo, sobre as paredes fotografías.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: S-19-95
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: 2457
Notas
Nota general
Antonio Balboa identificaba aos membros deste grupo como Gonzalo López Abente e as súas irmáns, pero outra familiar María Amelia o rectifica: Gonzalo é neto de Leandro Abente Chans. Na foto teñen a mesma idade aprox Informante : Felipe Valdés Hansen.