Esta sección reflicte diversas funcións encomendadas á Intendencia: velar polo aproveitamento dos propios das vilas e pola salubridade das cidades; a construción e a apertura de rúas; a conservación dos edificios públicos e das murallas; a supervisión da actuación dos alcaldes, entre outras. Desde 1749 ata 1766, as funcións de intendente e corrixidor están xuntas nas capitais de provincia. Por iso, na cidade da Coruña o intendente é ao mesmo tempo corrixidor. En 1766 sepáranse as intendencias dos corriximentos.
Historia archivística
O fondo parece ser só unha pequena parte do orixinal. Non existe constancia oficial de entrada no Arquivo. Tradicionalmente únese ao fondo do Xulgado de Correos e Camiños porque foi identificado entre a documentación que ingresara no ARG en 1843 procedente deste órgano relacionado coa Real Intendencia, suprimido no ano 1842 e competente na resolución de conflitos do persoal e servizos destes ramos.
Outra parte do fondo entrou por transferencia coa documentación procedente da Delegación Provincial de Facenda da Coruña, e inclúe os Libros do Catastro do Marqués da Ensenada. Outra parte entrou mesturada coa documentación das Xuntas de Armamento e Defensa e coa documentación eclesiástica.
Alcance y contenido
Expedientes tramitados para o arrendamento dos bens propios do concello
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: - Colección documental César Vaamonde Lores- Real Audiencia de Galicia- Arquivo do Reino de Galicia, historia do arquivo
Notas
Nota general
Nota ao volume: 726 caixas son só do Catastro do Marqués de la Ensenada