Órgano de carácter fundamentalmente económico, as súas funcións principais son:- Preparar e propor para aprobación superior os orzamentos de gastos ordinarios e extraordinarios.- Contabilidade e execución do orzamento.- Contabilidade xeral de operacións e patrimonio afecto á súa conservación e custodia.- Preparación e tramitación dos expedientes de gastos ou adquisicións previamente autorizados. - Tesouraría e asuntos económicos.- Intendencia.- Instalacións e patrimonio. Relacionada coa Administración atopamos nun regulamento orgánico de 1954 a Xunta Económica, que estaba integrada polo administrador, o interventor e un vogal auxiliar da Administración. As súas funcións eran:- Recepción de obras, material e vestiario executados ou adquiridos mediante concurso ou xestión directa. Comprobación e sinatura das actas correspondentes.- Comprobar e intervir as contas mensuais de ingresos e gastos.- Preparar as contas de gastos da Sección Naval que se trasladaban directamente ao delegado nacional.- Informar sobre alteracións de soldos e gratificacións do persoal e en todo o relativo ao cumprimento da seguridade social dos traballadores.
Historia archivística
O fondo da Sección Naval da Fronte de Xuventudes estivo custodiado en principio nos arquivos da Delegación Central e nos das escolas, baixo a tutela do secretario central e dos das respectivas escolas, que eran os que tiñan asignadas, entre outras, esas funcións. Cando unha escola pechaba definitivamente, transfería a súa documentación á sede central, á Delegación Central, como nos consta explicitamente no caso de Palma de Mallorca e Vigo. Pero parece que esta non foi a norma xeneralizada, xa que só se conserva a documentación de catro escolas: Ferrol, Madrid, Palma de Mallorca e Vigo. Descoñecemos cal foi o destino dos fondos de todos eses centros que existiron en variados lugares da xeografía española e que non remitiron os seus documentos á sede central.
Unha vez que desaparece a Sección Naval, a documentación que custodiaba é enviada á Escola de Ferrol. Non coñecemos a data exacta desta transferencia, pero con toda seguridade tivo que ser despois de mediados de 1983, data da fin das actividades deste organismo. Un posible motivo polo que se depositaron os fondos en Ferrol puido ser que esta escola, xunto coa de Huelva, continuou as súas actividades de formación profesional náutico-pesqueira cun carácter xa oficial; e debido á obriga de desaloxo que se lle impuxo á Delegación Central nesas datas, debeuse tomar a decisión de trasladar a documentación a unha sede que tivera a posibilidade de continuar.
Finalmente a documentación conservada en Ferrol foi transferida ao Arquivo do Reino de Galicia o 10 de novembro de 1992.
Alcance y contenido
Novembro.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Véxase nivel de fondo.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Véxase nivel de fondo. Véxase nivel de fondo.
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Véxase nivel de fondo.
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Véxase nivel de fondo.