Nuno Álvarez de Aldao, veciño de Pontevedra, vende a Afonso Gallos, veciño de Santiago, e á súa muller María Oanes, o casal de Larín ademais do dereito de presentación e padroado da igrexa de Santa María de Morlán por seis mil marabedís de pares de brancas.
Fecha de creación
1498-06-18. 1532, xaneiro, 5. Santiago de Compostela
Fecha de acumulación
1498-06-18. 1532, xaneiro, 5. Santiago de Compostela
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance y contenido
Documento opistógrafo (escrito por ambas as dúas caras).
O acto documental do verso reflicte a toma de posesión dos bens adquiridos.
Data da compravenda: "... que fue fecha y otorgado dentro de las claustras del monesterio de Santo Domingo de Bonabal, de par de la dicha çibdad de Santiago..."
Data da posesión: "... estando junto e en la dicha yglesia de Santa María de Molrán..."