Isidro Conde Botas (1911-2000) escritor coruñés
Fíxose perito mercantil en Oviedo, ingresou na Escola Especial de Enxeñeiros de Minas de Madrid e cursou Profesorado Mercantil na Coruña.
Foi Subdirector Xeral do Banco do Noroeste, xefe de administración da Sociedad Ballenera da Coruña, caixeiro no Banco de España en Ferrol, Santiago e Coruña, interventor en Oviedo e director da sucursal de Lugo do mesmo banco, cargo no que se xubilou.
Foi creador da revista radiofónica semanal "Abrente" e, con Luz Pozo Garza e Tomás Barros, fundou a revista de poesía e crítica "Nordés". Publicou ensaios sobre literatura e obras profisionais, pero destaca polos seus libros de poesía.
Colaborou nos xornais "La Noche", "El Progreso", "La Voz de Galicia" e "El Correo Gallego".
Tivo dous fillos con Mercedes Pintos.
Historia archivística
Ten o xermolo na agrupación de obra manuscrita creada por A. Gil Merino á que se foron engadindo doazóns e compras soltas.
Alcance y contenido
1. Plano curto de César Alvajar e Mercedes Pintos no balcón da casa parisina do primeiro, situada na Rue d´Assas, 78. Na esquerda, de pé, vestido cunha bata por riba do traxe, César, que apoia a man dereita na reixa do balcón. Á dereita, no van da porta, Mercedes. 2. Planos enteiros de un grupo paseando polos xardíns de Luxemburgo (París). Descricións do autor (de esquerda a dereita": 2.1 "Mercedes Pinto. Maria Teresa (Licenciada barcelonesa que estaba haciendo una "texis [sic] doctoral" sobre la obra literario de César Alvajar). César Alvajar. Isidro Conde (Autor de la fotografía)". No fondo á esquerda o pazo de Luxemburgo. 2.2 "María Teresa. César Lavajar. Mercedes Pintos". 2.3 "Mercedes Pintos. María Teresa. César Alvajar". No fondo á esquerda o pazo de Luxemburgo.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Os documentos que conteñan datos persoais de carácter policial, procesal, clínico ou de calquera outra índole que poidan afectar á seguridade das persoas, ó seu honor, á intimidade da vida privada ou familiar e á súa propia imaxe só poderán ser consultadas nos termos que establece o art. 57.1 c) da Lei 16/1685 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Pegadas en dous folios.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: L-8-21
L-8-22
Notas
Nota general
O fondo foi doado no ano 1963, pero non se sabe a data.