Pedro Rodríguez e a súa muller, Maior do Pedregal, veciños de San Lourenzo de Ouzande, venden a Xoán Rodríguez de Casdorrazos e a súa muller Urraca Pose, veciños de Santa María de Aguións, a casa da estrada sita ao carón do camiño francés, por tres mil cen pares de brancas.
Fecha de creación
(1499-11-07)
Nivel de descripción
Documento
Volumen y soporte de la unidad de descripción
1 Fotografía(s)
120 x 312 mm.
Otras características físicas:
Presenta buracos de ter estado cosido, encadernado
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance y contenido
Documentos soltos, de orixe público e privado, aínda que predominan os segundos. Os tipos documentais abranguen vendas, foros, sentenzas, pesquisas ou informacións e algún privilexio real entre outros. A súa orixe xeográfica comprende as catro actuais provincias galegas, se ben maioritariamente se concentran na actual provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. A presencia de documentos elaborados fora de Galicia é minoritaria. Existía un grupo de 147 documentos que orixinariamente atopábanse encadernados nun volume, do que se conservan a cuberta e índice formando parte da colección (PLA-04/286)..
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lengua:
Galego
Escritura:
Letra cortesá
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Acompaña bifolio (310 x 427 mm., sen filigrana) que serviu de cuberta ao documento, coas seguintes anotacións: - Na cuberta: "Nº. 441. San Lorenzo de Ouzande. Venta de una casa" (letra humanística). - No interior da cuberta: "Venta que hizo Pedro Rodríguez, morador en la felegresía de San Lorenzo de Ouzande a Juan Rodríguez de Casar de Nares, da casa da estrada que está so o camino franzés en dicha feligresía de Ouzande, con todas sus heredades y devesas, fecha en 7 de noviembre de 14999, por ante Revera (riscado Revera) Fernán Bietez, notario de terra de Tabeirós. Scribano Fernán Bieitez". Onomástica antiga: - Pero Rodriges - Mayor do Pedregal. - Juan Rodriges de Casdorazos - Horraca Peres Toponimia antiga: - Sant Lourenço d'Ouçande - Santa María d'Aguioos Notario: - "Fernan Bietes, notario publico jurado por la abtoridade apostolica et escusador de Alonso Lopes Galos, notario de terra de Tabeyros et Revadulla".