Francisco Iglesias Brage nace en Ferrol o 21 de maio de 1900. Ingresa na Academia de Enxeñeiros de Guadalajara, onde permanece ata 1923.
Participa na guerra de Marrocos; en 1926 é nomeado capitán por méritos de guerra.
En 1927 obtén o título de piloto de primeira categoría e é nomeado inspector de fabricación na Fábrica Nacional de Avións CASA.
En 1929 realiza, xunto co capitán Jiménez, no avión "Jesús del Gran Poder", unha travesía sen escalas entre Sevilla e Baía, de 44 horas de duración e cun percorrido de 6450 Km. Este voo e outros posteriores, a través de América do Sur e Central e que remataron na Habana, conducírono á fama.
Nese mesmo ano comeza a preparación dunha expedición científica para explorar o Alto Amazonas que debería ter unha duración de tres anos. Créase un Padroado Oficial presidido por Gregorio Marañón e Iglesias é nomeado secretario técnico.
Aínda que se chegou a construír un buque especialmente deseñado para a viaxe e se mercou unha avioneta, a expedición non se levou a cabo debido a diversos factores, entre os que destaca a crise da última etapa da Segunda República.
En 1933 a Sociedade de Nacións noméao comisario para a Administración do Territorio de Leticia, rexión amazónica pola que disputaban Perú e Colombia. Tras a súa dimisión en 1934, realiza unha viaxe polo Amazonas durante a cal recolle material diverso co que había organizar unha exposición de etnografía amazónica.
Participa na Guerra Civil no bando nacional; ao rematar, incorpórase ao Ministerio do Aire como secretario xeral técnico.
En 1943 ingresa no corpo de enxeñeiros aeronáuticos como tenente coronel. En 1947 acada o grao de coronel.
En 1945 é nomeado xefe de obras do Sector Aéreo de Galicia e da Zona Territorial de Industria núm. 7 na Rexión Aérea Atlántica. Nestes anos e ata 1952 traballa na preparación e execución de proxectos de aeródromos galegos como o de Peinador en Vigo, Lavacolla en Santiago, Alvedro na Coruña, etc.
Posteriormente será nomeado xefe de División de Material e subdirector da Compañía Iberia de Líneas Aéreas e presidente de Talleres Aeronaúticos de Barajas SA.
Pola súa traxectoria persoal e profesional relacionouse con personalidades sobranceiras da súa época, non só relacionadas coa aviación, senón tamén con intelectuais, entre os que podemos mencionar escritores da Xeración do 27; científicos como Gregorio Marañón e autoridades e personaxes diversas como o aventureiro Alfonso Graña.
Entre as súas obras destacan artigos periodísticos, conferencias, discursos, etc.
Faleceu en Madrid o 14 de marzo de 1973.
Historia archivística
O fondo documental atopábase no pazo da Toxeiriña en Moaña, xunto con outras coleccións etnográficas e bibliográficas. No ano 1982 foi adquirido ás herdeiras do coronel a través de ordes ministeriais do 4 de maio e do 22 de xuño, agás algúns documentos que xa foran vendidos ao Museo de Aeronáutica e Astronáutica e algúns outros que reservara a familia. A documentación ingresa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra o 30 de abril de 1983.
"O arquivo tivera unha organización, establecida polo propio Iglesias, bastante complexa, que afectou a gran parte dos seus documentos e que foi restablecida teoricamente ao estudar o fondo para a súa valoración [...]. Con todo, non existía un cadro de clasificación xeral, senón conxuntos documentais illados, cunha estrutura complexa e series parcialmente orgánicas [...]." (LÓPEZ GÓMEZ, Pedro: “O Arquivo do Coronel don Francisco Iglesias Brage”, en: Iglesias Brage e América: a recuperación dun personaxe para a historia de Galicia. [Santiago de Compostela]: Consellería de Cultura e Xuventude, 1992)
O tratamento e a descrición do fondo realizáronse no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Alcance y contenido
Escrito no dorso: De esquerda a dereita sentados: Comandante Lemos Basto, Coronel Artur W. Brown, Capitán Francisco Iglesias. De pé: Xeneral Eduardo Ortiz Borda, señor Armando Mencía, coronel Luis Acevedo. Foto F. Peña, tomada a bordo do transporte de guerra colombiano "Mosquera" no porto de Teffé. Catálogo núm. 147.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre, garantido polo artigo 105.b da Constitución española de 1978 e regulado polo artigo 57 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, o art. 82 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Normativa:
Documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao ser depositados no ARG, os documentos adquiren a condición de bens de interese cultural (art. 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia; e art. 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español) e pasan a gozar do réxime de protección establecido nesas normas.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeitas ás seguintes disposicións:
- Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Decreto 320/1992, do 12 de decembro, polo que se fixan os prezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos arquivos e museos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica (DOG 231, do 26 de novembro de 1992).
- Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Nota á organización: o fondo foi organizado por Pedro López Gómez e Mariola Súarez Rodríguez.
Para informar sobre os elementos Hª Institucional, Hª Arquivística e Alcance e contido utilizouse, entre outra, a seguinte bibliografía:
- LÓPEZ GÓMEZ, P.: O Arquivo do Coronel don Francisco Iglesias Brage, en: Iglesias Brage e América: a recuperación dun personaxe para a historia de Galicia. [Santiago de Compostela]: Consellería de Cultura e Xuventude, 1992.
- LÓPEZ GÓMEZ, P.: La Expedición Iglesias al Amazonas. Madrid : Organismo Autónomo Parques Nacionales, D.L. 2002.