A Constitución de 1812 establece que el goberno político da provincia residirá nun xefe superior. Estes pasan a denominarse xefes político na Instrución del 23 de xuño de 1813.
Coa reforma de Javier de Burgos de 1833 créase un subdelegado principal do Ministerio de Fomento como autoridade administrativa superior de la provincia. No Decreto de 13 de maio de 1834 se recolle xa o nome de gobernadores civís.
A mediados del século XIX o gobernador concentra xa un gran poder. Dirixía toda a administración civil del Estado na provincia e presidía os organismos existentes nela. Deste xeito, mediado o século XIX, o goberno civil é unha institución plenamente consolidada. Haberá, non obstante, unha alternancia entre períodos de forte centralismo, nos que os gobernadores saen fortalecidos en detrimento das deputacións provinciais, e períodos de descentralización, nos que se dá o fenómeno inverso.
Durante el Sexenio e a Restauración, ao seu carón, nace una administración periférica, que representa aos ministerios nas provincias que, desde a súa orixe, amosa a estreita relación cos gobernos civís.
Presidida polo gobernador nacen en 1882 as comisións Provinciais. Deste xeito, este período péchase con tres órganos encargados da administración e o goberno das las provincias: gobernos civís, deputacións provinciais e a comisións provinciais.
Tralo golpe de Estado del 13 de setembro de 1923, por Real decreto del 15 de setembro son substituídos por gobernadores militares, militarización que cesa pola Real orde de 2 de abril de 1924.
Un texto transcendental para o futuro da institución é o Estatuto Provincial de 1925. Formula unha descentralización de la Administración del Estado, liberando as deputacións e comisións provinciais da tutela dos gobernos civís.
Nos primeiros tempos da ditadura de Franco seguiu vixente o Estatuto de 1925, tan só houbo unha supeditación dos novos gobernadores civís ás autoridades militares. Tamén será, no territorio provincial, o xefe provincial do Movemento.
Coa Lei de bases do Goberno e Administración Local, do 17 de xullo de 1945, concentra as meirandes cotas de poder, aínda que as funcións e atribucións non difiren demasiado das atribuídas nas normas de 1882 e 1925.
O Decreto do 10 de outubro de 1958, regula as atribucións e deberes dos gobernadores civís e a Orde do 24 de xullo de 1961 aproba o regulamento provisional.
A Constitución de 1978 supón unha una profunda reforma da organización do Estado coa aparición das autonomías. Por Real Decreto 2238/80, do 10 de outubro se institúe a figura do delegado do Gobierno nas autonomías. Será o superior dos gobernadores e, a través deles, de todos os órganos da administración periférica. Isto provoca a minoración das súas competencias e atribucións.
No Real decreto 1801/81, de 24 de xullo suprímense as delegaciós provinciais dos ministerios, agás as de Facenda. Pasan a ser direccións provinciais a cargo dos gobernos civís.
A Ley 6/1997, de 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado supón o final desta institución. Aparece a figura dos subdelegados do goberno nas provincias.
Deste Xeito, os gobernos civís foron, nas provincias, a institución sobranceira da época contemporánea dos que dependeu a administración provincial durante boa parte dos séculos XIX e XX.
2.3 Lugares:
España. Residencia, sede: A Coruña
2.4 Estatuto jurídico:
Organismo da administración provincial do Estado. Fecha de inicio: 1833. Fecha de fin: 1997
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
A meirande parte dos documentos abranguen o período que vai do ano 1898 ata o ano 1997. Este fondo é unha fonte primordial para o estudio da evolución da administración provincial, cunha continuidade cronolóxica que permite analizar as variacións que desembocarán no actual sistema administrativo.
Tiña competencias de xestión e coordinación de todos os aspectos da vida provincial, con excepción dos de Facenda. Actividades como a orde pública, autorizacións administrativas, control de la administración local, relaciones con outras administracións, protección civil, beneficencia, eleccións, etc. Estas competencias non foron uniformes durante a existencia destes organismos, aínda que podemos afirmar que o período de máis concentración de autoridade sobre la vida provincial foi durante la Ditadura franquista.
Ademais da actividade desenvolvidas en relación con outras entidades, conservamos manifestacións da xestión propia da institución. Fundamentalmente a través das subseccións de Asuntos Xerais e Réxime Interior.
Todo isto xestionado pola Secretaría Xeral e Vicesecretaría Xeral. A outra gran sección do fondo é a Secretaría Particular, encargada de tramitar e xestionar os asuntos máis persoais e privados dos gobernadores, en contraposición á Xeral que se encargaba dos asuntos públicos.
Ao acubillo deste órgano xurdiron multitude de xuntas, comisións ou xefaturas con competencias moi variadas como a beneficencia, mutilados de da Guerra Civil, subsidios a excombatentes da mesma Guerra, Fiscalía Provincial de Taxas, tráfico, espectáculos, expropiacións, etc.
(1876 - 1997)
2.6 Atribucion(es)/Fuente(s) legal(es):
Constitución de 1812
Instrución de 23 de xuño de 1813. goberno económico político das provincias
Instrución de 3 de febreiro de 1823 para o goberno económico e político das provincias
Real decreto de 23 de outubro de 1833 de establecemento de subdelegados de Fomento nas provincias e subdelegados subaletrnos nas grandes poboacións
Instrución de 30 de novembro de 1833 sobre o goberno e administración das provincias
Real decreto de 30 de novembro de 1833 de planta dos subdelegados de fomento
Real decreto de 13 de maio de 1834. Denominación de gobernadores civís aos subdelegados de Fomento
Lei de 8 de xaneiro de 1845, Organización e atribucións de concellos, deputacións provinciais, gobernos políticos, consellos provinciais...
Lei de 2 de abril de 1845. Organización e atribucións do gobernos das provincias
Real decreto de 29 de setembro de 1847 de organización da gobernación civil do Reino
Real decreto de 28 de decembro de 1849. Supresión dos intendentes e xefes políticos e creación dos gobernadores de provincia: clasificación das provincias
Lei de 25 de setembo de 1863 de Goberno e administración das provincias e regulamento de execución
Lei provincial de 3 de xuño de 1870
Lei de 15 de febreiro de 1873 que reforma la Lei provincial de 3 de xuño de 1870
Lei de 16 de decembro de 1876 de reforma das leis municipais e provinciais de 20 de agosto de 1870
Lei de 29 de agosto de 1882 de réxime e administación das provincias
Real decreto de 20 de outubro de1923 de nomeamento de militares como delegados dos gobernadores civís
Real decreto de 21 de febreiro de 1930 de supresión de delegados gobernativos
Estatuto provincial de 1925
Lei de bases do réxime local de 17 de xullo de 1945
Decreto de 10 de octubre de 1958 de deberes e atribución dos gobernadores civís
Real decreto 2669/1977 que regula a estrutura orgánica dos gobernos civís
Orde de 13 de decembro de 1977 polo que se desenvolve o decreto 2669/1977
Real decreto 2238/1980 de creación dos delegados do Goberno nas comunidades autónomas
Real decreto 3117/1980. Estatuto dos gobernadores civís
Lei 6/1997 de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado