Militar español. Fundador e xefe da Lexión que foi creada en 1920 como Terzo de Estranxeiros.
Naceu na Coruña en 1879. Fillo do avogado, funcionario e escritor José Millán Astray e de Pilar Terreros e irmán da escritora Pilar Millán-Astray e de María Millán-Astray. Estudou na Academia de Infantería de Toledo. Foi destinado no Rexemento do Rey n.º 1 en Madrid e marchou a Filipinas debido á sublevación tagala, sendo condecorado á súa volta. Casou con Elvira Gutiérrez da Torre, filla do xeneral Gutiérrez Cámara en 1905 en Madrid. Participou na Guerra de Marrocos e durante esa etapa fundou o Terzo de Estranxeiros, a Lexión.
En 1932 pasou forzoso á situación de segunda reserva e en 1934 foi nomeado membro do Consello Supremo de Xustiza Militar. Ingresou no corpo de Inválidos Militares en 1936 e ao iniciarse a Guerra Civil púxose ao dispor de Franco realizando un activo labor de propaganda para o banco sublevado. Faleceu en Madrid en xaneiro de 1954 e está enterrado no Cemiterio da Almudena
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: A Coruña Lugar de fallecimiento: Madrid