No ano 1760, sendo Rey de España Carlos III, 31 avogados coruñeses solicitaron licenza para a fundación do Ilustre Colexio de Señores Avogados da Real Audiencia de Galicia, con residencia na cidade da Coruña.
Dita licenza foi concedida por Decreto de 17 febreiro de 1760 do Marqués de Croix, Presidente da Real Audiencia de Galicia, Gobernador e Capitán Xeral do Reino de Galicia - ratificado posteriormente por Real Cédula de Carlos III dada no Pardo o 1 de febreiro de 1761- e, na súa virtude, en xunta celebrada o 15 de marzo de 1760, eses 31 Letrados acordaron erixir e formar o que hoxe se coñece como Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, publicándose en 1761 os seus primeiros Estatutos, cuxo orixinal se conserva como unha das xoias do seu patrimonio.