Sociedad Española de Carburos Metálicos S.A. (España). (1897 -)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1897
2.2 Historia/Descripción:
Carburos Metálicos, fundada orixinalmente como Sociedad Española de Carburos Metálicos, é unha empresa española pertencente ao sector da industria química. As súas actividades están centradas na produción e distribuicón de gases para múltiples sectores: metalurgia, vidro, augas, alimentación, medicina, enerxía, petroquímica, enoloxía, bebidas, etc.
Carburos Metálicos foi constituída en Madrid en 1897, aínda que o seu núcleo principal atopábase en Cataluña. No momento da súa creación a compañía dispuña de fábricas en Barcelona e A Coruña para producir carburo de calcio. Con posterioridade diversificou a súa actividade económica, abrindo centros de produción noutros puntos da xeografía. Chegaría a ser a primeira empresa española do subsector químico de gases industriais. Desde 1995 pertence ao grupo norteamericano Air Products & Chemicals. O seu negocio principal proporciona gases atmosféricos e procesados, así como todo o equipo necesario para outros sectores produtivos —entre os que se inclúen refinarías e petroquímica, metalurgia, compoñentes electrónicos ou alimentación e bebidas—.
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Produción, comercialización e venta de productos químicos. (1897)
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004