Xulgado Instrutor Provincial de Responsabilidades Políticas de Ourense (España)
2. Área de descripción
2.2 Historia/Descripción:
Os Xulgados Instrutores Provinciais créanse por Lei do 9 de febreiro de 1939 de Responsabilidades Políticas, que declara a responsabilidade política das persoas físicas e xurídicas que desde o primeiro de outubro de 1934 e antes do 18 de xullo de 1936 opuxéronse ao Movemento Nacional tanto con actos concretos ou por omisión. Asumen as competencias das Comisións Provinciais de Incautación de Bens creadas en 1937. Os xulgados instrutores provinciais eran cubertos por oficiais do Corpo Xurídico Militar ou por militares coa carreira de dereito e establecéronse en Bilbao, Ceuta, Melilla e en cada unha das capitais de provincia "liberadas". Por Lei do 19 de febreiro de 1942 de Reforma da Lei de Responsabilidades Políticas as funcións sobre a materia pasan aos diferentes xulgados de Instrución da provincia. En 1945 suprímese a xurisdición de Responsabilidades Políticas e atribúese aos tribunais ordinarios o coñecemento das responsabilidades civís que traen causa de delito. Créase ademais unha Comisión Liquidadora de Responsabilidades Políticas.
Ao tratarse Galicia dunha zona vinculada ao bando nacional desde época temperá os expedientes de responsabilidade son tramitados desde o ano 1937. Unha vez creada a Comisión Provincial de Incautación de Bens de Ourense, está será a encargada de instruír os expedientes de responsabilidade civil. Para iso dita comisión nomea como xuíz de instrución a Juan Herrera Reyes, titular do Xulgado de Primeira Instancia de Celanova, achegándolle os expedientes instruídos ata ese momento polo Xulgado Militar Especial.
En 1939 créanse os distintos tribunais de responsabilidade política e a partir dese momento as comisións e demais autoridades que ata o de agora interviñan en materia de incautacións e responsabilidades civís envian toda a documentación ás novas autoridades que serán as encargadas de continuar coa súa tramitación.
Os expedientes de responsabilidade política que se tramiten a partir deste intre manterán o mesmo número que xa tiñan asignado como expediente de responsabilidade civil, formando a partir deste intre unha única serie documental