Rexistro da Propiedade de Ordes (A Coruña, España). (1861 -)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1861
2.2 Historia/Descripción:
O Rexistro da Propiedade ten por obxecto a inscrición ou anotación dos actos, contratos e resolucións xudiciais ou administrativas que afecten á propiedade e a outros dereitos sobre bens inmobles, así como de determinadas resolucións xudiciais que afectan á capacidade das persoas.
A Lei hipotecaria do 8 de febreiro de 1861 suprime as contadorías de hipotecas e crea un Rexistro da Propiedade en cada cabeza de partido como institución dedicada a dar publicidade aos actos, contratos e situacións xurídicas que afectan o dominio, usufruto e outros dereitos reais sobre bens inmobles. O seu regulamento quedou establecido no Real decreto do 21 de xuño de 1861. Pero estas disposicións sufriron unha importante modificación coa Lei do 30 de decembro de 1944, que afectou tanto as normas substantivas do réxime inmobiliario, como o estatuto orgánico dos rexistradores, a organización territorial dos rexistros e a simplificación dos seus asentos. Por iso, foi necesario redactar un texto refundido, aprobado no Decreto do 8 de febreiro de 1946, ao que se sumaría en 1947 un novo regulamento hipotecario, aprobado no Decreto do 14 de febreiro de 1947, que permaneceu case inalterado ata finais do século XX.
Os Rexistros da Propiedade de España dependen do Ministerio de Xustiza. A totalidade do territorio español está dividido en circunscricións, denominados distritos hipotecarios. A cada distrito hipotecario correspóndelle un Rexistro da Propiedade, a cargo dun rexistrador, pertencente ao Corpo de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e de Bens Mobles de España. A totalidade dos rexistradores de España intégranse no Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España.