Naceu en Padroso (Lampaza, Rairiz de Veiga) e emigrou a Cuba onde amansou unha pequena fortuna con negocios de hostalaría. En Cuba entrou en contacto coa masonería, alcanzando o grao de mestre. Regresou a Celanova en 1932. Afíliase a Izquierda Republicana e foi elixido alcalde de Celanova o 15 de marzo de 1936. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a Garda Civil foi detelo, pero fuxiu. Ao rematar a guerra civil acolleuse a un indulto. Pero foi novamente denunciado en 1939, detido e encarcerado. Saíu en liberdade condicional en 1943, pero condenado ao pago de multas, incautación dos seus bens e obrigado ao desterro, tivo que instalarse en Oviedo. Regresou a Celanova na década dos cincuenta e finou en Ourense a finais de maio de 1973.