Estaba afiliado ao Partido Comunista de España. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido ata que pasou a Asturias. Combateu no exército leal e despois pasou polas frontes de Bilbao, Santander e Teruel. Coa derrota da República pasou a Francia e de alí exiliouse en México. Instalouse en Guadalaxara e en 1945 pasou a residir en Cidade de México. Amigo e compañeiro de Luís Soto, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, participou no Padroado da Cultura Galega de México do que foi tesoureiro, e foi administrador de Vieiros. Pasou os últimos anos no fogar Virgen de los Milagros de Valdegodos, viaxando a México e finou no Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela o 18 de xullo de 1992.