Nado en Serantes (Ferrol) en 1887 e asasinado na Frouxeira o 2 ou 5 de febreiro de 1938 foi un electricista naval e político republicano, executado por un grupo de falanxistas.
Despois de viaxar a Cuba e Estados Unidos, regresou a España onde se estableceu como electricista no estaleiro de Bazán.
Foi un activo militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) coa que foi elixido alcalde da súa localidade natal nas eleccións municipais de 1931 que deron lugar á instauración da Segunda República.
Foi detido e condenado por posuír unha arma, pero máis tarde amnistiado en 1936.
En xullo do mesmo ano, coa sublevación militar que triunfou en Galicia e deu lugar á guerra civil española, fuxiu da súa localidade e refuxiouse no monte. Tras dous anos escondido, atopándose enfermo saíu do seu refuxio e pediu axuda a un médico, que o delatou. Con el foron detidos quen lle axudaba a ocultarse: Modesto del Río e Jesús Miño, labradores; e Avelino Landeira, carpinteiro. Xunto a Alejandro todos foron executados por un grupo de falanxistas sen xuízo previo na praia de Frouxeira, no municipio de Valdoviño.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: San Salvador de Serantes (Ferrol) Lugar de fallecimiento: A Frouxeira (Valdoviño)