D. Jesús Tenreiro Prim, de 34 anos de idade, Secretario do Concello de Fene.
Foi detido na Casa do concello o 1 de agosto de 1936 xunto co alcalde Ramón Souto González e outros membros da corporación: Andrés Iglesias, Juan Sanchez, Francisco e Eduardo Barcia
O domingo 16 de agosto son sacados da prisión flotante “Plus ultra” un grupo de quince que son abatidos no cemiterio de Canido.
Os quince son enterrados nunha fosa común do camposanto de Canido, como consta no libro rexistro dese cemiterio, lugar onde se producían case a diario os paseos de grupos enteiros de presos sacados do “Plus ultra” e do campo de concentración «O Dique»
Entre os fusilados o 17 de agosto de 1936, o alcalde e o secretario de Fene, Jesús Tenreiro Prim.