Fundación Marqués de Amboage (Ferrol, A Coruña, España, 1892-). (1892 -)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1892
2.2 Historia/Descripción:
Ramón Pla y Monge (Ferrol, 19 de outubro de 1823 - Madrid, 6 de setembro de 1892) foi un empresario galego do século XIX, nomeado marqués de Amboage
Tras a morte do seu primeiro fillo o 13 de xullo de 1891 nun accidente militar, decidiu en 1892 dedicar un terzo da súa fortuna á fundación hoxe coñecida como Fundación Ramón Plá, Marqués de Amboage. Esta tiña como fin "distribuír todos los años, entre cien pobres verdadeiramente necesitados, vecinos ou que residan habitualmente en la cidad de Ferrol, la suma de cinco mil pesetas en metálico" nunha repartición que se facía o 31 de agosto, día de San Ramón, dando a cada pobre unha esmola de 50 ptas.
Ademais tamén pagaba ás familias pobres os cartos que custaba a excedencia do servizo militar.
A fundación dispoñía dun capital a partir de cuxas rendas se subvencionaba a súa actividade. Os fondos sobrantes deberíanse distribuír, por partes iguais, entre os establecementos benéficos da cidade.