Maximino Castiñeiras García, coñecido como o poeta da Maía, nado en Ortoño (Ames) o 18 de marzo de 1906 e finado o 5 de maio de 1992, foi un practicante e poeta galego.
Estudou ou bacharelato e maxisterio en Santiago de Compostela e exerceu a docencia en Ames. En 1929 embarcou para América como practicante. Retornado, integrouse na Unión Socialista Galega e participou non mitin autonomista de Bugallido en xaneiro de 1933 con Ángel Varcarcel, José María Santos e Xoán Xesús González.
Foi practicante interino do Concello de Carral, posto do que foi destituído en xullo de 1935.
Pertenceu a Esquerda Republicana, sendo elixido vicepresidente do grupo de Ames en abril de 1934, e despois integrouse en Vangarda de Esquerda Republicana, polo que foi represaliado nos primeiros anos do franquismo. Exerceu como ATS en América e na mariña mercante, nos transatlánticos que facían a rota de Europa-América. Colaborou en diversas publicacións como Céltiga, Galicia e Opinión Galega.
Retornou a Galicia nos anos cincuenta e foi nomeado practicante deAmes en 1956.Creou ou faladoiro literario "Vos catorce de Osebe", do que formaron parte Laxeiro, Faustino Rey Romero e Raimundo García Domínguez. Colaborou en A Noite, Dorna e Anuario Brigantino. Co restablecemento da democracia foi concelleiro en Ames polo PSdeG-PSOE.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Ortoño (Ames) Lugar de fallecimiento: Ames España