Coñecido como Pepe Bóveda foi un sindicalista e político galego.
Durante a Segunda República foi un dos fundadores da Sociedad de Agricultores de Valdepereira, adscrita á CNT do Ribeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia asaltando a casa cuartel da Garda Civil de Ribadavia e foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua. Trasladado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristovo de Pamplona, participou na fuga do 22 de maio de 1938, xunto con outros 1 085 presos pero foi detido. Revisada a súa condena, saíu á rúa en 1945 e regresou a Ribadavia.
Emigrou a Barcelona en 1947 e tras xubilarse, regresou ao Ribeiro.