Formou parte do Comité Republicano de Ribadavia (1930). Na República foi elixido concelleiro en Ribadavia en 1931 e en 1933 actuou como alcalde. Foi destituído logo da revolución de Asturias. Militante de Izquierda Republicana. Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ribadavia a principios de marzo. Logo da sublevación do 18 de xullo trasladouse a Ourense, onde foi detido o 20 de xullo. Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e executado no Campo de Aragón o 9 de febreiro de 1937.