Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.
José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política.
En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao gobernador civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Cambre Lugar de fallecimiento: A Coruña España