Fuxido na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos desde Ferrol (A Coruña) e cara Francia, o día 10/08/1938, data na que asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárona xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.
Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).
Entre os fuxidos estaban os coruñeses: Ángel Chas González ; Américo Gómez Carro , fontaneiro; Arturo Moreno Torres , zapateiro; Manuel Pérez Agrelo , mariñeiro, e Manuel Varela Sande . Os ferroláns: Epifanio García González , funcionario; Manuel Gen Canosa , militar; José-Patricio Montojo Núñez , mariño da Armada, e Saturnino Pita Fontenla , mariñeiro. Os veciños de Noia (A Coruña): Luis Louro García , mariñeiro e o seu irmán Ramón Louro García ; Manuel Oviedo Piñeiro , mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco , mariñeiro. Ramón Gómez Lage , propietario, de Ortigueira (A Coruña). Francisco Insua López , patrón de pesca, de Viveiro (Lugo). Francisco Lago Rodríguez , político, de Muros (A Coruña). Luis Otero López , maquinista naval, de Teis, Vigo (Pontevedra). Manuel Palmeiro Romero , de Miño (A Coruña) e Gerardo Torreiro López , mestre, de Arzúa (A Coruña).
Causa aberta en Ferrol polo delito de rebelión militar (fuxida a Francia do bou Tiburón) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Capturárono os fascistas cando tentaba o regreso a España.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Pena ordinaria conmutada pola de seis anos e un día de prisión menor.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Vilanova de Arousa (Pontevedra) España. Residencia, sede: A Coruña