Mario Rico Cobas, nado en Ferrol en 1903 e finado o 18 de agosto de 1936.
Foi un dos creadores do Sindicato Xeral da Industria Naval da CNT e da Federación Comarcal de Sindicatos Únicos de Ferrol en 1931. Dirixiu o periódico Cultura Proletaria, colaborou en El Gráfico, Solidaridad Obrera e CNT e estreou varias obras de teatro de temática social. Participou con Enrique Fernández no Pleno de Xixón para artellar a Federación Nacional da Industria Metalúrxica. Aliñouse coa corrente máis moderada da CNT e afiliouse en 1934 ao Partido Sindicalista, participando como representante do Partido en varios mitins de propaganda do Estatuto en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Escollera do Arsenal e asasinado nun monte de San Felipe.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Ferrol (A Coruña, España) Lugar de fallecimiento: San Felipe (Ferrol, A Coruña, España) Residencia, sede: Ferrol (A Coruña, España)