Santiago de Compostela, 28.6.1910 – 31.3.1983
José Touriño ingresou na Escola Normal de mestres desa cidade en 1926, cursando os estudos de practicante durante os cursos 1926-27 e 1927-28. Ao ano seguinte era practicante supernumerario do Hospital Provincial de Santiago.
Debeu vincularse moi pronto ao Sindicato de Sanidade.
É un bo exemplo dos cenetistas composteláns que non eran anarquistas, pois en marzo de 1934 foi designado presidente da Juventud Radical Autónoma, de Santiago, e en xaneiro de 1935, presidente da Juventud Republicana Radical. En maio de
1934 foi nomeado vicepresidente do Colexio Oficial de Practicantes de Coruña.
Nos primeiros meses do levantamento militar foi expulsado do seu traballo de practicante no Hospital Provincial e ameazado se tentaba fuxir.
Enrolado nas tropas rebeldes, participou como practicante na fronte de Asturias. Tras a Guerra, xa non volveu á súa anterior profesión, aínda que permaneceu colexiado. Traballou sempre nos Laboratorios Alter, nos que chegou a ser o delegado da zona do Noroeste de España.
Non se lle coñecen máis actuacións políticas durante o franquismo.
Na transición vinculouse ao socialismo. En 1982, poucos meses antes de falecer, restituíronlle o seu antigo emprego de practicante no Hospital Provincial de Santiago
2.3 Lugares:
España. Residencia, sede: Santiago de Compostela (A Coruña)