Sociedad General Gallega de Electricidad . (1900-04-21 - 1955)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1900-04-21 - 1955
2.2 Historia/Descripción:
Constituída en Madrid o día 21 de abril de 1900. O seu obxectivo era fornecer de alumeado público á zona de Ferrol e de Caldas de Reis. Foi o resultado da fusión do proxecto, iniciado no ano 1898 por Ernesto Presser Dauplin no río Umia, e doutro proxecto no río Belelle.
A nova compañía, Sociedad Gallega General de Electricidad, terá a súa sede en Madrid e delegacións en Vilagarcía de Arousa e Ferrol Cada unha contará con un administrador e un director técnico.
Co funcionamento do salto de Segade, que dará servizo a varios concellos da contorna de Vilagarcía, trátase de por en servizo o da Fervenza en Ferrol. A este último opoñerase a Electra Popular Ferrolana, que finalmente será adquirida pola SGGE.
Durante as primeiras décadas do século XX o mercado eléctrico galego e un mercado illado e fragmentado. A única autoprodutora importante era a Hidroeléctrica do Pindo con servizo a empresa de Carburos Metálicos de Cee.
Antes da Guerra Civil Española, na Coruña, o mercado eléctrico estab aconstituído por Electra Popular Coruñesa , fundada por José Miñones, e a Fábrica de Gas y Electricidad, propiedade de Pedro Barrié de la Maza, dono do Banco Pastor.
Tralo golpe de Estado de 1936, José Miñones foi asasinado e aas dúas propiedades incautadas. As relacionas co subministro eléctrico foron entregadas á SGGE, propiedade do Banco Pastor.
Barrié fundou Fuerzas Eléctricas del Noroeste (FENOSA) o 23 de agosto de 1943, pero ata ao ano 1955 non puido integrar nesta empresa á Sociedad Gallega General Eléctrica