En 1933 a compañía de Lola Membrives estreou en Buenos Aires Vodas de sangue cun gran éxito popular. Por iso, Lorca recibiu a invitación de Membrives e do seu marido para viaxar a esa cidade arxentina.
Cando García Lorca volveu a España en 1934, mantivo un elevado ritmo creativo: terminou obras como Erma, Dona Rosita a solteira, A casa de Bernarda Alba e Pranto por Ignacio Sánchez Mejías; revisou obras como Poeta en Nova York, Diván do Tamarit e Suites. Tamén tivo unha gran estadía en Montevideo (Uruguai)
Con todo, é tamén neste momento cando en España empézase a vivir unha época de violencia e intolerancia. A situación política era insostible. Estaba a piques de estalar a guerra civil española. Desde os sectores máis reaccionarios seguíase con forza a campaña de desprestixio e odio cara ao réxime democrático republicano e os seus partidarios. Lorca, debido á súa amizade con personaxes progresistas como Fernando dos Ríos ou Alberti, foi xa sinalado por unha banda da prensa máis conservadora e desde 1935 foi considerado un inimigo da dereita.
En Granada buscou refuxio en casa da familia do seu amigo o poeta #Luis Rosales, onde sentía máis seguro xa que dous dos seus irmáns (de Rosales), nos que confiaba, eran destacados falanxistas de Granada. A pesar diso, o 16 de agosto de 1936, presentouse alí a Garda Civil para detelo. A data exacta da súa morte foi obxecto dunha longa polémica; a data máis comunmente aceptada —defendida sobre todo pola investigación de Gibson— apunta que Federico García Lorca foi fusilado ás 4:45 h da madrugada do 18 de agosto, no camiño que vai de Víznar a Alfacar. O seu corpo, que xamais se recuperou.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Fuente Vaqueros (Granada) Lugar de fallecimiento: Provincia de Granada España